A illa Londonderry forma parte do arquipélago de Terra de Fogo situado na rexión austral de Chile. Pertence ao sector que para o seu estudo denominouse como das illas do S e SE.

Illa Londonderry
Illa Londonderry en Chile
Illa Londonderry
Illa Londonderry
Localización da illa
Mapa da illa ao oeste
Situación
País Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ProvinciaProvincia da Antártica Chilena
ArquipélagoArquipélago de Terra de Fogo
MarOcéano Pacífico
Coordenadas55°04′00″S 69°26′00″O / -55.06667, -69.43333Coordenadas: 55°04′00″S 69°26′00″O / -55.06667, -69.43333
Xeografía
Superficie643´1 km²
Perímetro402
Punto máis alto1.548 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Administrativamente pertence á Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Provincia da Antártica Chilena, comuna Cabo de Fornos. A illa queda dentro do Parque Nacional Alberto de Agostini.[1]

A illa chamouna así o capitán do HMS Beagle, Robert FitzRoy, cuxo avó materno foi o primeiro marqués de Londonderry, un par escocés do Ulster.

Historia editar

Desde hai aproximadamente 6000 anos ata metade do século XX as súas costas foron habitadas polos pobos kawésqar e yámana. A comezos do século XXI estes pueblso foran practicamente extinguidos pola acción do home branco.

Debido ao seu carácter montañoso e accidentado e á carencia de recursos, a illa estivo deshabitada e só de cando en vez foi percorrida por membros dos pobos kawesqar e yámana.

A illa queda en territorio kawésqar, pero era visitada frecuentemente polos indíxenas yámanas quen acudían a buscar nela e outras illas próximas a pirita de ferro, [2]mineral co que conseguían as faíscas necesarias para acender lume.[3]

Forma parte do Parque nacional Alberto de Agostini dependente da Corporación Nacional Forestal.

Durante os meses de febreiro e marzo de 1830 o comandante Robert Fitzroy co HMS Beagle fondeou en caleta Doris e en porto March buscando unha embarcación que lle roubaran os indíxenas, aproveitou para traballar no levantamento da zona. Londonderry está situada entre ambos fondeadoiros. [4]

Xeografía editar

Ten unha orientación O-E cun longo de 40 km. nesa dirección e de 14´5 km. no seu maior largo. A súa costa é de contornos moi irregulares. Na súa periferia fórmanse moitas baías e penínsulas que a fan aparecer como un grupo de illas.

De relevo moi irregular, ten montañas de ata 731 metros de altura. Nas montañas do sector occidental hai varios glaciares.

Na súa costa oriental atópase o seo Luisa que penetra 27 km. dentro da illa. Na súa boca atópase, entre outras, a illa Cook de gran tamaño.

Polo seu lado norte corren as canles Ballenero e O'Brien, polo leste a canle Thomson a separa das illas Darwin, Thomson e Hoste, polo sur a bañan as augas do océano Pacífico e polo oeste o paso Adventure a separa da illa Stewart. [5]

Clima editar

No sector da illa domina case permanentemente o mal tempo, cae copiosa choiva e o ceo está nubrado. O clima considérase de carácter marítimo, con temperaturas parellas durante todo o ano. O vento predominante é do oeste e sopra case en forma continua e sen interrupción. Pódese dicir que o réxime permanente é de mal tempo baixo todas as súas formas. [5]

Notas editar

  1. Ministerio de Bienes Nacionales (1985). "Parque Nacional Alberto de Agostini" (en español). 
  2. Chapman 2012, p. 152-153-243.
  3. Tanto Fitz Roy como Emperaire además de Chapman se refieren a los lugares donde obtenían la pirita para hacer fuego
  4. King 1839, pp. 406-408-417.
  5. 5,0 5,1 Instituto Hidrográfico 1958, p. 160.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar