Illa Jackson (ruso: Остров Джексона, Ostrov Dzheksona) é unha illa situada na Terra de Francisco Xosé, Óblast de Arkhanguelsk, Federación de Rusia. Esta illa forma parte do subgrupo Terra de Zichy da parte central do arquipélago.

Illa Jackson
Джексона Остров, Ostrov Dzheksona
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
Marmar de Kara
Coordenadas81°13′00″N 56°20′00″L / 81.21667, -56.33333Coordenadas: 81°13′00″N 56°20′00″L / 81.21667, -56.33333
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie521´4 km²
Longura máxima30 km.
Largura máxima40 km.
Perímetro148 km.
Punto máis alto481 m. Wostok-5 Eiskappe
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

A extensión leste-oeste da illa Jackson te aproximadamente 40 km., e a distancia máxima de norte a sur é de 30 km..

Na costa noroeste da illa atópase De Long Bay. Nomeada polo desventurado explorador estadounidense do Ártico George W. DeLong, esta baía separa a illa en dúas penínsulas case iguais. Desde o sur, esta baía está delimitada por Cabo Bystrova, nomeado en 1963 na honra do destacado paleontólogo ruso A.P. Bystrow.

A illa de Jackson noméase en honor do viaxeiro polar inglés Frederick Jackson. Explorou e nomeou varias illas, entre outras características xeográficas, na Terra de Francisco Xosé. A Expedición ártica Jackson-Harmsworth (1894-1897) foi patrocinada pola Royal Geographical Society.

Historia editar

Cabo Noruega (81°12′N 55°37′L / 81.200, -55.617) na parte occidental da illa foi onde invernaron Fridtjof Nansen e Hjalmar Johansen 1895-96 logo de non poder alcanzar o Polo Norte. Unha choza e un poste de madeira aínda permanecen.

Illas adxacentes editar

  • 'Ostrova Alexandra(Острова Александра, Illas Alexander) é un grupo de pequenas illas situadas xusto ao noroeste da illa Jackson, preto da costa. Este grupo de illas recibiu o seu nome do mariscal de campo Alexander von Krobatin (1849-1933), patrocinador da Expedición Austrohúngara do Polo Norte, que desempeñou o cargo de Ministro da Guerra de Austria Hungría de 1912-17. Estas pequenas illas non se deben confundir coa Terra de Alexandra situada cara ao oeste no mesmo arquipélago.
  • Ostrov Ommani(Остров Оммани; Illa Ommanney) é unha pequena illa en forma de media lúa situada a 11 km no extremo noroeste da illa Jackson. Esta illa foi nomeada polo veterano do Ártico Sir Erasmus Ommanney, que foi en 1850 na Expedición Austin e Ommaney, en busca de Sir John Franklin.
  • Ostrov Kharly (Остров Харли, Illa Harley) é unha illa estreita e de 10 km de longo. Atópase a 15 km fronte ás costas occidentais da illa Jackson. O punto máis alto ten 82 m. Esta illa leva o nome do explorador do Ártico Daniel W. Harley, que foi con Sir Albert Hastings Markham no HMS Alerta en 1875-76.
  • Ostrov Levanevskogo (Остров Леваневского; Illa Levanevsky) é unha pequena illa xusto a 1 km ao sur do extremo sur da illa Harley. Esta illa foi nomeada en honor do piloto soviético Sigismund Levanevsky, ás veces chamado o "ruso Lindbergh", que se perdeu no Ártico en 1937-38 e cuxos restos non se atoparon.
  • Ostrov Klyn (Остров Клинг; illa Kling) é unha pequena illa situada a 4 km ao oeste do extremo suroeste da illa Jackson. Esta illa foi nomeada na honra do Capitán Alfred Kling que participou na expedición alemá Wilhelm Filchner 1911-1912 á Antártida.
  • Ostrov Nich (Остров Нич) é unha pequena illa situada na Baía de DeLong.
  • Fóra da costa leste da illa Jackson atópanse dúas pequenas illas chamadas Ostrova Mak-Gi (Острова Макги, Illas Magee). Estas foron nomeados por Billy Magee que acompañou a Ernest Oberholtzer na súa épica viaxe en 1912 de 4.800 km de exploración do Ártico.
  • Ostrov Kverini (Остров Кверини; Illa Querini) é unha illa situada á beira da baía que se atopa na costa sur da illa Jackson. Esta illa leva o nome do explorador italiano Francesco Querini que heroicamente perdeu a vida na expedición polar Cegni de 1909.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar