Illa Decepción (novela)

obra literaria de Berta Dávila

Illa Decepción é a terceira novela da escritora compostelá Berta Dávila, escrita en galego e publicada por Galaxia no 2020[1]. Nese mesmo ano gañou a XIV edición do Premio Narrativa Breve Repsol[2].

Illa Decepción
Autor/aBerta Dávila
CubertaBerta Dávila
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 421)
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.29 de outubro de 2020
FormatoRústica con lapelas
Páxinas141
ISBN978-84-9151-559-3
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A novela divídese en seis capítulos. Os capítulos impares xiran arredor das casas habitadas pola autora ao longo da súa vida. Os capítulos pares xiran arredor de Illa Decepción, o nome da illa que a autora crea no videoxogo Beautiful Island.

En realidade a trama non segue un desenvolvemento lineal, senón que resulta un pretexto para que a autora desenvolva unha serie de reflexións sobre diversos acontecementos da súa vida. Os temas que se tocan na novela son propios do ámbito íntimo da autora, como a maternidade, a relacións interpersoais, a relación cos obxectos e os espazos vividos ou o estado anímico da propia autora. Nesa liña son constantes as regresións temporais que nos levan a momentos da infancia e da mocidade da autora.

Narración editar

A novela nárrase en primeira persoa. Pola súa temática e o lirismo da súa linguaxe a obra aseméllase a Carrusel, a anterior novela da autora. Emporiso, nesta ocasión teñen maior peso os aspectos metanarrativos ou a reflexión sobre o contexto social en que se desenvolve a redacción da novela, que coincide en boa medida co confinamento domiciliario decretado no territorio español a causa da crise do coronavirus.

Notas editar