A illa Byam Martin é unha illa das Illas Árticas do Canadá situada no lado norte do estreito Viscount Melville no territorio de Nunavut.

Byam Martin
Localización da illa
Illa Byam Martin ao leste da Illa Melville
Situación
País Canadá
TerritorioNunavut
ArquipélagoIllas da Raíña Isabel
Marocéano Ártico
Coordenadas75°12′N 104°17′O / 75.200, -104.283Coordenadas: 75°12′N 104°17′O / 75.200, -104.283
Xeografía
Superficie1.150 km²
Longura máxima46 km.
Largura máxima37 km.
Punto máis alto153 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

As illas máis próximas son: ao oeste, Illa Melville, da que a separan as augas da canle Byam Martin (27 km de anchura); ao leste, separadas pola canle Austin, a illa Bathurst (a 35 km) e illa Alexander (a 42 km); ao sur, as augas abertas do Estreito Viscount Melville.[1] A illa Byam Martin mide 46 km de longo, e 37 km de largo e ten 1.150 km² de superficie.[1]

O terreo é bastante baixo, cunha media de 100 m. de altitude na maior parte da illa, aínda que chega aos 153 m na súa parte sur. O relevo está moi fracturado por numerosos vales fluviais estacionais.

Historia editar

A illa Byam Martin foi descuberta por vez primeira polo explorador británico e capitán da Mariña Real Británica, William Edward Parry, na súa segunda expedición de 1819-20 ao ártico en procura do Paso do Noroeste. Parry, que xa estivera no ártico con John Ross, logrou o mando dunha nova expedición ártica formada por dous barcos, o HMS Hecla, de 375 ton., ao seu mando, e o HMS Griper, de 180 ton., ao mando do tenente Liddon. Partiron de Inglaterra en maio de 1819 e o 4 de agosto chegaron ao Estreito Lancaster, que libre de xeo, permitiulles avanzar rapidamente cara ao oeste. Nesa travesía descubriron moitas illas totalmente descoñecidas no arquipélago que durante moito tempo chamouse arquipélago Parry (e que desde 1953 chámase Illas da Raíña Isabel), entre elas a illa Byam Martin.[2] Leva o nome na honra de Sir Thomas Byam Martin, almirante da Mariña Real Británica (1773-1854).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Byam Martin Island at Oceandots.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 2009-03-14. 
  2. Parry, William Edward (1821). "Journal of a Voyage for the Discovery of a North-West Passage from the Atlantic to the Pacific: Performed in the Years 1819-20, in His Majesty's Ships Hecla and Griper, under the orders of William Edward Parry". princeton.edu. London. OCLC 46198505. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar