Illa Bubiyan (árabe: جزيرة بوبيان) é a illa máis grande na cadea de illas costeiras de Kuwait situada na esquina noroccidental do Golfo Pérsico, cunha superficie de 863 km². A illa está deshabitada.

Modelo:Xeografía físicaIlla Bubiyan
(ar) بوبيان Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAl Jahra, Kuwait (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 29°47′N 48°11′L / 29.78, 48.18
Bañado porGolfo Pérsico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións24 (ancho) × 40 (lonxitude) km
Superficie863 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data17 de maio de 2017
Identificador6257
Sitio Ramsar

A illa é maiormente plana e baixa, marismas de sal cobren a maior parte da costa. Hai algúns "wadis" intermitentes no centro da illa.[1]

Sepárase do continente iraquí no nordés pola canle "Al-Zubayr" e desde a parte continental de Kuwait no suroeste pola canle "Al-Sabiyyah".[1] Esta última canle tende ao redor do extremo norte da illa de Bubiyan, separándoa da illa Warbah. 5´4 km. ao nordés de Ras al Barshah, o punto máis austral, Bubiyan está unido ao continente por unha ponte de viga de formigón de 2´38 km. de longo sobre a canle de Khawr as Sabiyah, construído en 1981-1983 e inaugurado en febreiro de 1983[2], que é para uso exclusivamente militar.

O primeiro sarxento Félix Acosta, primeiro sarxento da compañía de armas, fala cun soldado kuwaití que custodia unha entrada á illa de Bubiyan o 21 de novembro de 2009, onde Marines e Mariñeiros coa 11ª unidade expedicionaria da mariña practicaban o desembarco desde os barcos á costa nas lanchas de desembarco 20-24 de novembro.

Durante a Guerra do Golfo de 1991, catro tramos da ponte foron destruídos; reconstruíronse en 1999[3]. A illa converteuse nunha base militar en 1991 e serviu como tal desde entón.[4] En novembro de 1994, Iraq aceptou formalmente a fronteira demarcada pola ONU con Kuwait, que fora expresada nas resolucións 687 (991), 773 (1992), 833 (1993) do Consello de Seguridade das Nacións Unidas que terminaron formalmente a reivindicación anterior da illa de Bubiyan.[5]

A reserva de Mubarak al-Kabeer designouse como o primeiro humedal de importancia internacional do país. A reserva de 50.948 hectáreas consta de pequenas lagoas e pantanos salgados e é importante como parada para aves migratorias en dúas rutas migratorias; de Turquía á India e de Eurasia a África.

  1. 1,0 1,1 "Bubiyan | island, Kuwait". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2017-08-06. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  3. [1] p.9
  4. "Kuwait Geography and Population". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2017. Consultado o [[2012-03-14 de {{{2}}}]] de [[{{{3}}}]]. 
  5. "CIA World Fact Book - Iraq". everything2.com. 2007-01-14. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar