Illa Bely
A illa Bely (tamén chamada Belyy e Beliy, ruso: Белый остров) é unha illa relativamente grande no Mar de Kara na punta da península de Yamal, Siberia, Rusia.[1] Preto da punta noroeste da illa, alí atópase a Estación Experimental Rusa (Polyarnaya Stantsiya) Estación Popov.
Bely | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
Óblast | Óblast de Tiumén |
Mar | Mar de Kara |
Coordenadas | 73°11′N 71°17′L / 73.183, -71.283Coordenadas: 73°11′N 71°17′L / 73.183, -71.283 |
Xeografía | |
Superficie | 1.810´4 km² |
Longura máxima | 63 km. |
Largura máxima | 41 km. |
Perímetro | 243´7 |
Punto máis alto | 12 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
XeografíaEditar
Illa Bely cobre unha área de 1810 km². Está cuberta por tundra, pero tamén crecen algúns arbustos ananos nesta illa.[2] Está separada do continente polo estreito de Malygina, un estreito de 8 a 10 km de ancho que se conxela a maior parte do ano.
Esta illa pertence ao Distrito Autónomo de Yamalia-Nenetsia que é a parte norte da división administrativa de Rusia do Óblast de Tiumén.
Illas adxacentesEditar
Dentro da ampla baía oriental da illa Bely hai unha longa illa de 10 km chamada Bezymyannyy. Ostrov Tabango e Ostrov Tyubtsyango atópanse a 20 km ao sur da esquina SE da illa Bely.
NotasEditar
- ↑ GoogleEarth
- ↑ "Vegetation on Bely Island". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2007. Consultado o 01 de maio de 2007.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Bely |
Ligazóns externasEditar
- Fotografías da estación polar Arquivado 07 de outubro de 2006 en Wayback Machine.