Illa de Astove

(Redirección desde «Illa Astove»)
Astove
Atol
Datos
País Seychelles
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 4´96 km²
Superficie lagoa 9´5 km²
Nº de illas
Coordenadas 10°06′S 47°45′L / -10.100, -47.750
Maior Altura
Localización
Localización do atol

A illa de Astove é un atol de Seychelles situado no océano Índico. Áchase a 38 km SSE de Cosmoledo e as súas coordenadas son (10°06′S 47°45′L / -10.100, -47.750).

Características editar

Trátase dun atol con forma de anel case pechado. A súa lagoa interior ten unha profundidade máxima de 3 metros e está comunicada co mar polo suroeste. O atol mide 4,5 km de Norte a Sur e 2 km de Leste a Oeste, cunha superficie de 4´96 km²; e a súa área total, incluíndo a lagoa é de 9´5 km². O seu único asentamento, na costa occidental, foi abandonado nos anos 80. Existe tamén unha pista de aterraxe de herba. Declarada reserva natural, actualmente está pechada ao público e prohíbese todo acceso.

A illa de Astove e o atol de Cosmoledo, conforman o Grupo de Cosmoledo. Grupo que á súa vez, xunto ao atol de Aldabra e a illa de Asunción constitúen o Grupo de Aldabra.