Illa Anvers
A Illa Anvers, (Anvers Island ou Antwerp Island ou Antwerpen Island ou Isla Amberes) é a maior do Arquipélago Palmer, a 10 Km da costa oeste da Península Antártica, atópase na parte máis austral do arquipélago, ao suroeste da Illa Brabante.
Illa Anvers | |
---|---|
![]() Localización da illa Anvers | |
![]() Paisaxe da illa Anvers | |
Situación | |
País | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Arquipélago | Arquipélago Palmer |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583Coordenadas: 64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 2.432 km² |
Longura máxima | 74 km. |
Largura máxima | 55 km. |
Punto máis alto | 2.761 m. Mount Français |
Demografía | |
Capital | Base Palmer |
Poboación | 50 Non permanentes |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/AnversIsland_Terra_MODIS.jpg/220px-AnversIsland_Terra_MODIS.jpg)
Anvers, unha illa de tipo continental, é alta e montañosa. Ten uns 61 Km de lonxitude, cunha área de 2.432 Km² e unha lonxitude de costas de 379 Km.
O seu nome débese á expedición belga, en 1898, ao mando de Adrien de Gerlache en homenaxe á cidade de Anveres, en Bélxica.
A Arxentina inclúe á illa dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.
Base Palmer
editarA Base Palmer na Illa de Anvers atópase na costa suroeste da illa e é a única base estadounidense ao norte do círculo antártico. A construción terminou en 1968. Ao redor de 50 persoas poden habitar a Estación de Palmer ao mesmo tempo. A estación chámase así por Nathaniel Palmer, probablemente foi unha das tres primeiras persoas en ver a Antártida. Hai laboratorios de ciencias na base, así como un peirao.