Igrexa ortodoxa de Tampere

A Igrexa ortodoxa de Tampere (en finés Tampereen ortodoksinen kirkko), tamén coñecida como igrexa de Santo Alexandre Nevski e San Nicolao (en finés Pyhän Aleksanteri Nevskin ja Pyhän Nikolaoksen kirkko) é un templo ortodoxo sitiado na cidade de Tampere, Finlandia. Foi deseñada por T. U. Jazukov e localizada no corazón da cidade, ao leste do Tammerkoski. Ten planta de cruz e foi construída en estilo bizantino. O seu teito conta con sete cúpulas de chama, e a súa cúpula principal ten 17 metros de altura.

Igrexa ortodoxa de Tampere
Orthodoxic church1.jpg
A igrexa ortodoxa de Tampere dende Sorin aukio.
Datos xerais
PaísFinlandia Finlandia
RexiónPirkanmaa.vaakuna.svg Pirkanmaa
TipoIgrexa
AdvocaciónAlexandre Nevski e Nicolao de Mira
LocalizaciónTuomiokirkonkatu 27
Kyttälä, Tampere
Coordenadas61°29′43″N 23°46′19″L / 61.49528, -23.77194
Culto
CultoIgrexa ortodoxa finlandesa
DioceseEparquía de Oulu[1]
Arquitectura
Construción18961899
ArquitectosT. U. Jazukov
EstiloArquitectura bizantina
Páxina webtampereort.fi
editar datos en Wikidata ]

A igrexa foi construía con donacións nun terreo cedido pola cidade. As obras tamén recibiron o apoio do Santo Sínodo de Rusia e do estado.

Foi consagrada polo arcebispo Nikolai e durante a guerra civil finlandesa foi danada e valeirada. Tamén desapareceu unha boa parte do mobiliario e os artefactos da igrexa logo da conquista da cidade como resultado do seu saqueo por parte do exército branco e a confiscación do estado, quen devolveu a igrexa á igrexa ortodoxa finlandesa en 1919.

Galería de imaxesEditar

Soldados brancos no interior da igrexa logo da batalla de Tampere. 
Interior da igrexa. 
Exterior da igrexa. 

NotasEditar

  1. "Tervetuloa Oulun hiippakunnan nettisivuille!" (en finés). oulunorthiippakunta.fi. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar