Igrexa de madeira de Urnes
A Igrexa de madeira de Urnes, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é unha stavkirke (Igrexa de madeira) das máis antigas das 28 preservadas en Noruega. Está situada no municipio de Lust no condado de Sogn og Fjordane.
Igrexa de madeira de Urnes | |
---|---|
![]() Igrexa de madeira de Urnes. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 61°17′53″N 7°19′21″E |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III |
Inscrición | 1979 (3ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 58 |

A igrexa é propiedade da Sociedade para a preservación de monumentos históricos, en Noruega. Foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1979.[1]
HistoriaEditar
As análises realizadas a mostras de madeira retirada da base da construción indican que as árbores utilizadas na súa construción cortáronse entre 1129 e 1131. Pero sábese que antes do actual edificio houbo outras dúas igrexas no mesmo lugar, e certos elementos destas reutilizáronse, como fachada, algunhas pranchas exteriores e algunhas pezas decorativas esculpidas.
A igrexa marca a transición de métodos de construción dos viquingos coa súa típica ornamentación animal, o chamado "estilo Urnes" e a arquitectura cristiá.
O edificioEditar
A igrexa está formada por unha nave rectangular e coro máis estreito, ambos co grande espazo central elevado. No século XVII ampliouse o coro, pero esta modificación eliminouse posteriormente. No século XX, restaurouse a igrexa e as táboas decoradas das paredes cubríronse para evitar a súa deterioración.
NotasEditar
- ↑ "Urnes Stave Church". UNESCO Culture Sector. Consultado o 8 de marzo de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de madeira de Urnes |
Ligazóns externasEditar
- Urnes stavkirke (Sitio oficial en noruegués da Sociedade para a Conservación dos Monumentos Históricos de Noruega)
- Urnes Stave Church (UNESCO) (en inglés))