Igrexa de Santa María de Vilaselán
A igrexa de Santa María de Vilaselán é o templo parroquial de Vilaselán (Ribadeo). Máis coñecida como Santuario de Nosa Señora da Vilaselán, é un edificio que data do século XVIII, que alberga no seu interior a imaxe da Virxe que lle dá sona en toda a Mariña lucense e occidente asturiano.
Igrexa de Santa María de Vilaselán | |
---|---|
Vista lateral da igrexa. Apréciase a porta de entrada usada habitualmente. | |
País | España |
Localización | Vilaselán (Ribadeo) |
Coordenadas | 43°32′49″N 7°02′55″O / 43.546944444444, -7.0486111111111Coordenadas: 43°32′49″N 7°02′55″O / 43.546944444444, -7.0486111111111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Arquitectura editar
Dispón dunha nave rectangular con catro arcos faixóns, capela maior cun arco triunfal e bóveda de aresta, dúas sacristías, torre de campás sobre o frontis e pórtico acaroado o muro dereito do templo. No seu interior, retablo maior, de estilo neoclásico e dúas laterais, de similar do mesmo tempo.
Dentro do edificio ocupan especial lugar os exvotos, en particular as réplicas de barcos ofrendadas despois de saír airosos de momentos difíciles no mar.
Galería de imaxes editar
-
Vista frontal. Apréciase a porta de entrada usada habitualmente
-
Detalles do interior da igrexa
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |