Igrexa de Santa María de Darbo

construción relixiosa en Darbo, Cangas

A igrexa de Santa María de Darbo é o templo parroquial de Darbo no concello de Cangas. Sitúase no lugar do Seixo.

Igrexa de Santa María de Darbo

Tipoigrexa Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DioceseArquidiocese de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Dedicado aSanta María Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°16′N 8°48′O / 42.26, -8.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloCangas
ParroquiaDarbo
LugarO Seixo Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 6613
Wikidata ] C:Commons ]

Características

editar

De estilo barroco, foi edificada en granito entre os séculos XVII e XVIII, logo de que o antigo templo fose incendiado en decembro de 1617 trala incursión de piratas otománs.

Destaca pola súa proporcionada harmonía e a súa influencia colonial. A planta do santuario é de cruz latina, de brazos curtos e bóveda de medio canón. O corpo central da fachada forma unha composición arquitectónica rematada nun frontón semicircular coa imaxe da Nosa Señora de Darbo no centro. Todo iso presidido por unha Cruz sobre base labrada que se alza na parte superior do frontón.

Completan o conxunto arquitectónico un cruceiro centenario que se atopa fronte a igrexa e unha fonte barroca.