Igrexa de San Xoán de Vilanova
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
A igrexa de San Xoán de Vilanova é un templo relixioso de estilo románico da parroquia de Vilanova, no concello coruñés de Miño. A construción desta igrexa a mediados do século XI (1040)[1] é un decidido paso adiante na introdución do románico en Galiza.
Igrexa de San Xoán de Vilanova | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Miño | |||
Parroquia | Vilanova ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarSó se coñecen referencias documentais, de tipo económico, moi serodias, por exemplo o escrito polo cardeal Jerónimo del Hoyo en 1607.[Cómpre referencia]
Descrición
editarNa igrexa pode distinguirse a fasquía do románico lombardo, en contraste co hexemónico borgoñón e compartida coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo e a Igrexa de Santo Antoniño de Toques. A súa cabeceira remata en semicírculo, importante novidade xa que é a primeira ábsida do románico galego con esa planta[Cómpre referencia] e, probabelmente, contemporánea das capelas absidais de San Xoán e San Pedro na catedral compostelá. Coma nestas, a cabeceira de Vilanova cóbrese con bóveda de cuarto de esfera, ou de forno, apeada no muro a través dunha sinxela imposta, coma o arco que enlaza coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira a dúas augas.
Aos lados do tambor da ábsida ábrense dúas pequenas xanelas con derramamento cara ao exterior e ao interior (moi habitual nas primeiras igrexas románicas galegas,[2] bardante a catedral de Santiago de Compostela). Na parte alta dos muros laterais da nave trazáronse tres vans en cada un, dos que fican abertos os do sur, xa que o norte se reestruturou e, no medio, abriuse unha porta.
Notas
editar- ↑ "Igrexa de San Xoán de Vilanova". Consultado o 14 de decembro de 2015.
- ↑ Ramón, Yzquierdo Perrín. Diego Gelmírez y los inicios del Románico en Galicia.