Igrexa de San Xoán de Sadurnín

templo parroquial en Sadurnín, Cenlle

A igrexa de San Xoán de Sadurnín é un templo relixioso situado na parroquia de San Xoán de Sadurnín (concello de Cenlle).

Igrexa de San Xoán de Sadurnín
Igrexa de San Xoán de Sadurnín
PaísEspaña
LocalizaciónSadurnín (Cenlle)
Coordenadas42°19′33″N 8°05′00″O / 42.325833333333, -8.0833333333333
editar datos en Wikidata ]
Canzorros románicos da nave.

É románica do século XII e, aínda que profundamente reformada, o corpo principal, de reducidas dimensións, semella manter a súa estrutura primixenia. Construída en cachotaría, a súa escasa decoración exterior limítase a unha serie de relevos nos beirados a modo de almofadas. Representan na súa maioría figuras xeométricas e vexetais con escasa representación animal e humana.

Fachada principal.

O resto, como a capela maior son de finais do século XVIII ou principios do século XIX.

Destacan amais dos canzorros, a porta principal composta por un arco apuntado e tres arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas. Ten un altar barroco da Virxe do Rosario e un altar maior neoclásico.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar