Igrexa de San Salvador de Manín
A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia.
Igrexa de San Salvador de Manín | |
---|---|
Fachada principal da igrexa de San Salvador de Manín | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Planta de cruz latina |
Advocación | San Salvador |
Localización | A Travesa, entre Ludeiros e Compostela (Manín, Lobios) |
Coordenadas | 41°53′06″N 8°08′30″O / 41.885, -8.1416666666667 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Ourense |
Arquitectura | |
Construción | varias etapas: as primeiras en Manín (tres), en 1764 trasládase a Aceredo e amplíase para formar a nave de cruz, e en 1992 trasládase á Travesa (entre Ludeiros e Compostela), para salvala do encoro de Lindoso |
Estilo | Barroco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarNo ano 1764 foi trasladada a Aceredo[1], ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz.
Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro.
En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais.
En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela[2], moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín.
É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante[3].
Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín.
Retablo
editarGalería de imaxes
editar-
Igrexa parroquial de San Salvador de Manín.
-
Igrexa parroquial de San Salvador de Manín entrada.
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende o lado leste.
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende a entrada ao cemiterio
-
Parte traseira oeste da igrexa de San Salvador de Manín
-
Parte traseira da igrexa de San Salvador de Manín
-
San Salvador de Manín no muro exterior da igrexa
-
San Salvador de Manín no muro exterior da igrexa
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende a Escusalla
-
Igrexa de San Salvador de Manin vista dende a Escusalla
Notas
editar- ↑ Pereira Domínguez, Benito (1996). Lovios e a súa comarca. ISBN 84-922140-0-7.
- ↑ F., L. (1-11-2015). "Un templo que suma tres ubicaciones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8-1-2021.
- ↑ José Lamela Bautista. Historiador, escritor e xornalista.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Igrexa de San Salvador de Manín". Turismo.gal. Consultado o 19-01-2021.