Ludeiros, Manín, Lobios
Ludeiros é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 34 habitantes no ano 2020 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 15 eran homes e 19 mulleres. Gaña tres veciños nun ano, 1 home e 2 mulleres máis.
Ludeiros | |
---|---|
Ludeiros dende o Cancelo | |
Parroquia | Manín |
Concello | Lobios |
Coordenadas | 41°52′48″N 8°08′29″O / 41.88, -8.1413888888889Coordenadas: 41°52′48″N 8°08′29″O / 41.88, -8.1413888888889 |
Poboación | 34 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ludeiros é unha aldea de Lobios dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993 (DOG nº 35 do 22-02-1993).
Desde 2009 forma parte da Reserva da biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Historia
editarLudeiros é unha aldea fronteiriza, o que marcou a súa historia. Foron moitas as incursións dos portugueses para facerse con estas terras, que pertenceron ao castelo de Araúxo (situado nas inmediacións da aldea de A Vila, en Lobios), castelo desaparecido na súa totalidade, terras disputadas polo señor do castelo de Lindoso (Portugal), pola importancia que supuña esta parte da Serra de Santa Eufemia para dispor de pastos para o gando do castelo e a veciñanza portuguesa. As disputas mantivéronse ata o Tratado de Lindes de Lisboa de 1864, que determinou a fronteira polo río da Madalena, pasando a Portugal esa franxa de terra dende o río Cabril, como se recolle no tratado e amosa o mapa de José de Castro López empregado para a firma do acordo que tivo lugar en Badaxoz, en marzo de 1863. Ese terreo disputado, que se amosa no mapa[3], afirmaba o historiador José Lamela Bautista, que era o que máis problemas lle causaba aos dous reinos, polo que había que establecer uns lindes definitivos que fosen respectados por ambas as partes.
Galería
editar-
Panorámica de Ludeiros
-
Ludeiros dende o Cancelo
-
Ludeiros casas do cabo do lugar
-
Ludeiros casas de A Veiga
-
Canastros do Cancelo
-
Canastros do Cancelo
-
Capela de San Pedro
-
Capela de San Pedro
-
Ludeiros dende o Outeiro Rubio
-
Canastro de Aceredo, salvado do asolagamento polo encoro de Lindoso, agora na aldea de Ludeiros no concello de Lobios
Lugares e parroquias
editarLugares de Manín
editarLugares da parroquia de Manín no concello de Lobios na provincia de Ourense | |
---|---|
Aceredo | Compostela | Ludeiros | Manín | O Vao |
Parroquias de Lobios
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2021.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Lobios – Manín" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 8.agosto.2013.
- ↑ "Fronteira entre Galiza e Portugal na folla n.º 2, parte 1.ª, da serie de mapas de José de Castro López sobre A Raia". Galipedia. Consultado o 13-01-2021.