Igrexa de San Martiño de Ozón

templo relixioso da parroquia de San Martiño de Ozón, no concello de Muxía

Coordenadas: 43°05′06″N 09°09′58″O / 43.08500, -9.16611

Igrexa de San Martiño de Ozón.

A igrexa de San Martiño de Ozón, é un templo relixioso situado na parroquia de San Martiño de Ozón, a sete quilómetros de Muxía.

DescriciónEditar

O seu interior pertence ao románico do século XII. Son salientables neste sentido os arcos circulares de medio punto, as columnas que permiten acceder á capela maior e a bóveda de canón.

O seu exterior foi modificado nos séculos XVII e XVIII polo que non se aprecia a súa orixe románica.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar