Igrexa Presbiteriana de Gales
A Igrexa Presbiteriana de Gales (Eglwys Bresbyteraidd Cymru), [1] tamén coñecida como Metodistas Calvinistas (Methodistiaid Calfinaidd)[2] ou Ordes Calvinistas de Gales (Trefnyddion Calfinaidd),[3] é unha denominación inconformista galesa.
Igrexa Presbiteriana de Gales | |
---|---|
Igrexa Presbiteriana en Caernarfon | |
Tipo | confesión cristiá |
Data de fundación | 1811 |
País | Gales |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA denominación desenvolveuse a partir da Reforma Metodista no século XVIII baixo o liderado de Howel Harris, Daniel Rowland e William Williams, Pantycelyn e máis tarde Thomas Charles. Neste período foi un movemento dentro da igrexa anglicana, e só en 1811 comezou a ordenar ministros. O proceso de separación completouse cando publicou a Confesión de Fe (Gyffes Ffydd) en 1823.
A denominación creceu rapidamente na primeira metade do século XIX, dirixida por homes como Thomas Jones (Denbigh) (1756-1820), John Elias (1774-1841) e John Jones, Talysarn, até converterse na denominación inconformista máis grande de Gales. Era diferente da outra denominación inconformista que reclamou o nome de "Metodistas", é dicir, os Metodistas Wesleyanos que seguiron a John Wesley en Inglaterra e que máis tarde se espallaron en Gales. O calvinismo foi defendido polos metodistas en Gales e o calvinismo foi a teoloxía da denominación desde o principio.
Houbo un maior crecemento despois da Reforma de 1904-1905, dirixida por Evan Roberts, pero desde entón o número de membros diminuíu significativamente. A 31 de decembro de 2005 a denominación tiña 33.363 membros con 69 ministros a tempo completo e 20 ministros a tempo parcial.
Notas
editar- ↑ "Eglwys Bresbyteraidd Cymru" (en galés). Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Eglwys Bresbyteraidd Cymru". Cristnogaeth Cymru (en inglés). Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Gweinidogion y Trefnyddion Calfinaidd yn Liverpool (1867)". Peoples Collection Wales (en inglés). Consultado o 2023-01-30.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hanes Methodistiaeth Galfinaidd Cymru, golygwyd dros Gymdeithas Hanes Eglwys Methodistiaid Calfinaidd Cymru gan Gomer Morgan Roberts. Cyfrol 1 : Y deffroad mawr; Cyfrol 2 : Cynnydd y corff; Cyfrol 3 Y Twf a'r Cadarnhau.(Caernarfon : Llyfrfa'r Methodistiaid Calfinaidd).
- R. Geraint Gruffydd, Y Gair a'r Ysbryd: Ysgrifau ar Biwritaniaeth a Methodistiaeth, gol. E. Wyn James (2019)
Ligazón externa
editar- Sitio web da Igrexa Presbiteriana de Gales Arquivado 26 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Arquivado
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |