Ignacio Galego Mera
Ignacio Galego Mera, nado en Neda en 1885 e finado en Ferrol o 24 de maio de 1937, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 Neda, España |
Morte | 24 de maio de 1937 (51/52 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarMecánico, traballou nos estaleiros da Sociedad Española de Construcción Naval de Ferrol dende 1922. Estaba afiliado á CNT. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia aos golpistas. Foi despedido o 1 de outubro de 1936. Foi detido na Mourela o 26 de marzo de 1937 acusado de participar nunha campaña para escribir cartas a familiares emigrados narrando os asasinatos cometidos pola represión dos militares sublevados, para espertar a simpatía polo bando leal. Morreu o 24 de maio de 1937 no Hospital de Mariña de Ferrol, en estrañas circunstancias, despois dun suposto intento de suicidio; segundo as autoridades foi vítima dun ataque de loucura.