Igaxes

organización sen ánimo de lucro, con sede en Santiago de Compostela

Igaxes é unha organización sen ánimo de lucro, con sede en Santiago de Compostela, de prestación de servizos no eido social que traballa especialmente a inclusión social de colectivos vulnerables a través dunha filosofía de traballo baseada nos conceptos de incubación social e apoderamento.

Igaxes
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Campo de traballoTraballo social
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.igaxes.org/gl/
editar datos en Wikidata ]

Defínese como unha organización profesionalizada, estable, dinámica, innovadora e integrada a nivel externo e interno cunha liña estratéxica coñecida e compartida baseada na planificación e avaliación continua e na xestión de calidade para acadar achegarse a ser un referente na atención ás persoas en consonancia cos obxectivos de modernización da protección social e a promoción da integración social establecidas pola Unión Europea na renovada Estratexia de Lisboa.

Está presente en toda a comunidade galega con centros e delegacións nas súas principais vilas. A finais do ano 2009 o seu presidente é Luís Barreiro Carballal e o seu director Carlos Rosón Varela.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar