Ifor Owen, nado en Cefnddwysarn o 3 de xullo de 1915 e finado en Dolgellau o 22 de maio de 2007 foi un profesor, ilustrador e historietista galés coñecido como o creador de Hwyl, a primeira revista infantil de banda deseñada en lingua galesa[1].

Infotaula de personaIfor Owen
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Cefnddwysarn, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 2007 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Dolgellau, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
EducaciónYsgol y Berwyn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de escola , ilustrador , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a súa infancia foi membro do movemento xuvenil Urdd Gobaith Cymru e estudou na Boys' Grammar School en Bala e no Bangor Normal College, formándose despois como profesor especializado en arte e ciencia, e os 21 anos logrou praza nun colexio en Croesor e alí permaneceu ata 1948 para pasar a dar clases nunha escola en Gwyddelwern ata 1954 cando comezou a dar clases en Llanuwchllyn ata 1976.

Obra editar

Owen comezou o seu traballo como ilustrador mentres residía en Croesor, aproveitando que o colexio estaba pechado polo xarampón. O primeiro libro que ilustrou foi Yr Hen Wraig Bach a'i Mochyn (1946) ao que seguiron outros para editoriais galesas. En 1949 xunto con DJ Williams publicou Hwyl, a primeira revista de banda deseñada infantil en lingua galesa, creando moitos personaxes, como Defi John e Tomi Puw, Meri Ann, Prisila Puw e Pero Bach. Hwyl editouse entre 1949 e 1989, vendendo arredor de 8.000 exemplares por números.

Notas editar

  1. "Obituario en The Indepent, 31 de maio de 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2015.