Gwyddelwern é unha entidade de poboación de Denbighshire en Gales, antigamente pertencía ao distrito Edeirnion de Merionethshire. A aldea está situada na estrada principal A494 entre Corwen e Bryn Saith Marchog. A igrexa parroquial está so a advocación de san Beuno, que segundo a tradición viviu aquí por un tempo.

Modelo:Xeografía políticaGwyddelwern
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°00′32″N 3°22′48″O / 53.009, -3.38
EstadoReino Unido
PaísGales
Área principalSir Ddinbych Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación500 (2011) Editar o valor en Wikidata (28,31 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.765,91 ha Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalLL21 Editar o valor en Wikidata

Igrexa de San Beuno

O nome deriva de gwyddeli, que significa arbustos, e gwern, ameneiro[1].

Historia

editar

O señorío de Gwyddelwern era parte de Powys Fadog, e en 1400 está rexistrado que Tudur Gruffudd ap Fychan, o irmán máis novo de Owain Glyndŵr conquistouno. Había varias canteiras preto da aldea, incluíndo a canteira de granito Wern Ddu e a canteira de arenita Craig Lelo ao norte da aldea, así como canteiras de lousa e chumbo.[2]

Gwyddelwern foi a primeira estación de ferrocarril no val de Edeirnion, inaugurada en 1864 dentro da liña Dinbych, Ruthun e Chorwen. A liña de pasaxeiros pechou en 1953 e a de mercadorías en 1957.

Censo de 2011

editar

Datos do censo de 2011:[3][4][5]

Cyfrifiad 2011
Poboación total (500)
  
100%
Poboación maior de tres anos que fala galés (295)
  
60.8%
:Porcentaxe en Gales
  
19%
Nados en Gales (325)
  
65%
:Porcentaxe en Gales
  
73%
Poboación activa maior de 16 anos (55)
  
25.9%
:Porcentaxe en Gales
  
67.1%
  1. Hywel Wyn Owen e Richard Morgan (2008) Dictionary of the Place-names of Wales. Gwasg Gomer
  2. Jeremy Wilkinson (2004). "Wilkinson's Gazetteer and Bibliography of the Mines and Quarries of North Wales". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  3. "Ystadegau Allweddol ar gyfer Cymru". Swyddfa Ystadegau Gwladol (Oficina de Estatísticas Nacionais). 
  4. Canran y diwaith drwy Gymru Arquivado 09 de maio de 2015 en Wayback Machine.; Golwg 360
  5. "Gwefan Swyddfa Ystadegau Gwladol". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2017.