Idrissa Seck

político senegalés

Idrissa Seck (nado o 9 de agosto de 1959 en Thiès) foi primeiro ministro do Senegal dende o 4 de novembro de 2002 ata o 21 de abril de 2004, cando foi destituído polo presidente do país, Abdoulaye Wade.

Infotaula de personaIdrissa Seck

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Thiès Editar o valor em Wikidata
Prime Minister of Senegal (en) Traducir
4 de novembro de 2002 – 21 de abril de 2004
← Mame Madior Boye (pt) TraducirMacky Sall → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoRewmi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en París e na Universidade de Princeton.

Seck xa fora ministro de Estado antes de subir ao cargo de primeiro ministro en substitución de Mame Madior Boye.

Estivo moi achegado ao presidente Wade e moitos pensaron que estaba chamado a ser o seu sucesor. Fora director de campaña das presidenciais de Wade, segundo no liderado do liberal Partido Democrático Senegalés e alcalde de Thiès, a súa vila natal e unha das principais do país. Pero o presidente Wade non se fiaba moito das intencións de Seck, e Seck foi encarcerado o 23 de xullo de 2005 en Dakar acusado de corrupción en relación cuns proxectos urbanísticos en Thiès.

Paradoxalmente o seu partido, o Partido Democrático Senegalés, acirraba os cans da xustiza e reclamaba o seu procesamento na cámara lexislativa senegalesa. Mentres, o opositor Partido Socialista Senegalés defendía a Seck e pedía a súa liberdade. Nunca se puido probar nada e Seck foi absolto o 7 de febreiro de 2006, logo de 199 días en prisión. En abril dese ano, Seck anunciou que se presentaría ás eleccións presidenciais senegalesas de febreiro de 2007 encabezando o partido Rewmi, que significa 'a nación' en uolof. As autoridades senegalesas anunciaron que impedirían o seu concurso porque conforme a constitución do país, os partidos que respalden a un presidenciable teñen que ter cando menos catorce meses de vida antes da celebración dos comicios, co que se abriu un clima de grande inestabilidade no país. Finalmente, a tres semanas dos comicios, e despois de reunirse a porta pechada co presidente Wade, Idrissa Seck anunciaba que se reintegraba á disciplina do Partido Democrático Senegalés, co que se desencadearon en Dakar numerosas protestas, duramente reprimidas pola policía.

Porén, teimou na súa idea de presentarse aos comicios presidenciais, contra Wade, e a pesar de pertenceren ao mesmo partido concorreron os dous: Wade obtivo a reelección na primeira volta, con máis do 55% dos votos, mentres que Seck conseguía a segunda posición cun 14,97%, por diante do socialdemócrata Ousmane Tanor Dieng.


Predecesor:
Mame Madior Boye
   Primeiro Ministro do Senegal 
2002 - 2004
Sucesor:
Macky Sall