Os icenos (en latín: iceni) foron unha tribo britana que habitou unha área de Inglaterra que correspondería máis ou menos co que hoxe é o condado de Norfolk, entre os séculos -I e I. Os cenimagnos que se renderon a Xulio César durante a súa segunda expedición a Britania no ano -54, puideron ser unha parte da tribo icena.[1]

Mapa dos pobos celtas do sur de Britania (icenos no recuncho superior dereito).

Hai probas arqueolóxicas da súa existencia, representadas por torques, pesados colares de ouro, prata ou elektron, que estaban deseñados para ser levados arredor do pescozo e que sinalaban a quen os portaba como pertencentes á nobreza.

Os icenos comezaron a acuñar moeda contra o 10 a. de C., creando unha adaptación especial do deseño galo “cara/cabalo”, pero nalgunhas moedas máis antigas, sobre todo da zona preto de Norwich, o cabalo foi substituído por un porco ou xabaril. O primeiro nome rexistrado que aparece nas moedas é o de “Antedios” cara ao -10, seguíndolle nomes abreviados como AESU e SAEMU.[2]

Notas editar

  1. Xulio César, Comentarios á guerra das Galias, 5.21
  2. Graham Webster (1978), Boudica: the British Revolt Against Rome AD 60, pp. 46-48

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar