I Don't Know How She Does It

filme de 2011 dirixido por Douglas McGrath

I Don't Know How She Does It é unha comedia romántica estreada o 16 de setembro de 2011 en Estados Unidos. Protagonizada por Sarah Jessica Parker, Pierce Brosnan e Greg Kinnear, dirixida por Douglas McGrath, está baseada na novela de título homónimo de Allison Pearson.

I Don't Know How She Does It
Ficha técnica
Título orixinalI Don't Know How She Does It
DirectorDouglas McGrath
ProdutorDonna Gigliotti
Allison Pearson
Bob Weinstein
Harvey Weinstein
GuiónAline Brosh McKenna
Baseado enI Don't Know How She Does It (novela de Allison Pearson)
IntérpretesSarah Jessica Parker
Pierce Brosnan
Greg Kinnear
Christina Hendricks
Seth Meyers
Jane Curtin
MúsicaAaron Zigman
MontaxeKevin Tent
Camila Toniolo
DistribuidoraWeinstein Company
Estrea2011
Duración95 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroComedia romántica
Orzamento$24 000 000[1]
Na rede
http://www.howshedoesitmovie.com/
IMDB: tt1742650 Filmaffinity: 886372 Allocine: 189295 Rottentomatoes: m/i_dont_know_how_she_does_it Mojo: idontknowhowshedoesit Allmovie: v533009 Metacritic: movie/i-dont-know-how-she-does-it TV.com: movies/i-dont-know-how-she-does-it Netlix: 70202151Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Kate Reddy (Sarah Jessica Parker) é unha muller que traballa nunha importante compañía financeira en Boston e que ao caer a noite regresa á súa casa xunta dos seus dous fillos pequenos e o seu marido Richard (Greg Kinnear), un arquitecto que acaba de perder o seu emprego. A mellor amiga e compañeira de traballo de Kate, Allison Henderson (Christina Hendricks), vive exactamente a mesma complicada situación de tratar de conciliar a vida laboral e familiar.

O problema vén cando Kate recibe un encargo no traballo que a levará a realizar numerosas viaxes á cidade de Nova York cando o seu home Richard consegue o emprego que sempre desexou, e a situación laboral de ambos fará que o matrimonio se distancie. A situación verase agravada cando o novo compañeiro de Kate, o atractivo Jack Abelhammer (Pierce Brosnan), se converta nunha inesperada tentación que a fará dubidar da súa vida conxugal.

Elenco editar

 
Sarah Jessica Parker como Kate Reddy.
 
Pierce Brosnan como Jack Abelhammer.

Produción editar

Rodouse entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011,[2] integramente na cidade de Nova York, Estados Unidos.[3]

Notas editar

  1. "I Don't Know How She Does It en Box Office Mojo". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  2. "Box Office/business - Filming dates". imdb (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  3. "Filming locations". imdb (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2011. 

Véxase editar

Ligazóns externas editar