I Can Hear the Heart Beating as One

I Can Hear the Heart Beating as One é o oitavo álbum da banda estadounidense de indie rock Yo La Tengo, publicado o 22 de abril de 1997 a través do selo Matador Records. Foi producido por Roger Moutenot e expande o pop baseado en guitarras do seu traballo anterior, Electr-O-Pura, para abarcar unha maior variedade de xéneros, como bossa nova, krautrock e música electrónica. A meirande parte das cancións tratan sobre emocións melancólicas e van dende baladas curtas e fráxiles ata disonancias de longa duración.

I Can Hear the Heart Beating as One
Álbum de Yo La Tengo
Publicado22 de abril de 1997
Duración68:10
Xénero(s)indie rock, noise pop
Selo(s)Matador Records
Producido porRoger Moutenot
Cronoloxía
Genius + Love = Yo La Tengo I Can Hear the Heart Beating as One And Then Nothing Turned Itself Inside-Out

Tras o seu lanzamento o álbum chegou ao número 19 da lista Billboard's Heatseekers Albums, convertémdose no primeiro disco de Yo La Tengo en entrar nas listas. Tes temas do traballo, "Autumn Sweater", "Sugarcube" e a versión "Little Honda", publicáronse como sinxelos. O álbum en xeral foi aclamado pola crítica que eloxiou a habilidade da banda para expandir con éxito os límites de case calquera estilo de pop. É amplamente considerado un dos mellores traballos do grupo e é incluído con frecuencia en listas dos mellores álbums de distintas publicacións. No ano 2010 a revista Rolling Stone situouno no número 86 da súa lista dos 100 mellores álbums dos 90.[1]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Yo La Tengo, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es)Voces Duración
1. "Return to Hot Chicken"     1:38
2. "Moby Octopad"   Hubley, McNew 5:48
3. "Sugarcube"   Kaplan 3:21
4. "Damage"   Kaplan 4:39
5. "Deeper into Movies"   Kaplan, Hubley 5:23
6. "Shadows"   Hubley 2:27
7. "Stockholm Syndrome"   McNew 2:51
8. "Autumn Sweater"   Kaplan 5:18
9. "Little Honda"  Brian Wilson, Mike LoveKaplan 3:07
10. "Green Arrow"     5:43
11. "One PM Again"   Kaplan 2:25
12. "The Lie and How We Told It"   Kaplan 3:19
13. "Center of Gravity"   Hubley, Kaplan 2:42
14. "Spec Bebop"     10:40
15. "We're an American Band"   Kaplan, Hubley 6:25
16. "My Little Corner of the World"  Bob Hilliard, Lee PockrissHubley 2:24
68:10

Notas editar

  1. "100 Best Albums of the ’90s". Rolling Stone. Consultado o 4 de outubro de 2018.