And Then Nothing Turned Itself Inside-Out

And Then Nothing Turned Itself Inside-Out é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Yo La Tengo, publicado o 22 de febreiro de 2000 a través do selo Matador Records. O álbum recibíu unha boa acollida da crítica.

And Then Nothing Turned Itself Inside-Out
Álbum de Yo La Tengo
Publicado22 de febreiro de 2000
Gravación1999
Duración77:15
Xénero(s)indie rock, dream pop
Selo(s)Matador Records
Producido porRoger Moutenot
Cronoloxía
I Can Hear the Heart Beating as One
(1997)
And Then Nothing Turned Itself Inside-Out The Sounds of the Sounds of Science
(2002)

Gravación e lanzamentoEditar

And Then Nothing Turned Itself Inside-Out foi gravado no estudio Alex the Great en Nashville, Tennessee, e foi mesturado en The Big House en Manhattan, Nova York. O álbum foi producido por Roger Moutenot e lanzado o 22 de febreiro de 2000 por Matador Records. O título do disco deriva probablemente dunha cita de Sun Ra: "...At first there was nothing...then nothing turned itself inside-out and became something" (ao principio non había nada... e despois a nada volveuse do revés e converteuse nalgo). A arte do álbum está realizada con fotografías do fotógrafo surrealista e profesor de Yale Gregory Crewdson.

O álbum chegou ao número 138 da lista Billboard 200 nos Estados Unidos, sendo o seu primeiro traballo en entrar nesta lista.[1] En xaneiro de 2003 o disco levaba vendidas 114 000 copias nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan.[2]

Listaxe de canciónsEditar

Tódolos temas escritos e compostos por Yo La Tengo agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es)Voces Duración
1. "Everyday"   Hubley, McNew 6:32
2. "Our Way to Fall"   Kaplan 4:18
3. "Saturday"   Hubley, Kaplan 4:18
4. "Let's Save Tony Orlando's House"   Hubley 4:59
5. "Last Days of Disco"   Kaplan 6:28
6. "The Crying of Lot G"   Kaplan 4:45
7. "You Can Have It All"  Harry Wayne CaseyHubley 4:37
8. "Tears Are In Your Eyes"   Hubley 4:35
9. "Cherry Chapstick"   Kaplan 6:12
10. "From Black to Blue"   Kaplan 4:47
11. "Madeline"   Hubley 3:37
12. "Tired Hippo"     4:46
13. "Night Falls on Hoboken"   Kaplan 17:42

NotasEditar

  1. "Yo La Tengo And Then Nothing Turned Itself Inside-Out Chart History". Billboard. Consultado o 2020-01-12. 
  2. "Yo La Tengo Shines Up 'Summer' Songs". Billboard. Consultado o 2020-01-12.