International Ultraviolet Explorer

Observatorio espacial internacional.
(Redirección desde «IUE»)

International Ultraviolet Explorer, tamén coñecido polo seu acrónimo IUE e como Explorer 57, foi un observatorio espacial froito da colaboración entre a NASA, a ESA e o SERC (o Consello de Investigación de Ciencia e Enxeñería) lanzado o 26 de xaneiro de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[2][4][5]

International Ultraviolet Explorer (IUE) / Explorer 57
International Ultraviolet Explorer (IUE)
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA/ESA/SERC
Satélite deTerra
Data de lanzamento26 de xaneiro de 1978[1][2][3]
Foguete portadorDelta 2914[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no ultravioleta.[2][6]
NSSDC ID1978-012A
Masa669 kg[2][4]
Potencia424 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior42.224,8 km[1]
Inclinación43,8 graos[1]
Apoapse42.144,0 km[1]
Periapse29.563,6 km[1]

Características editar

IUE adicouse a facer observacións astronómicas espectrográficas no rango do ultravioleta, no rango de lonxitudes de onda entre 1150 e 3250 ángstroms, para o cal levaba como único instrumento a bordo un telescopio de 45 cm de diámetro.[2][4]

O satélite deseñouse e lanzouse mediante colaboración internacional: o Centro Goddard de Voo Espacial (GFSC) proporcionou o satélite e a instrumentación óptica; o SERC as cámaras de televisión usadas como detectores; e a ESA as células solares e un centro de control. Durante a misión, dous terzos do tempo de observación eran dirixidos desde o centro de control do GFSC e un terzo desde o centro de control europeo.[2][4]

Tras varias extensións da misión, o IUE foi apagado definitivamente ás 18:42 UTC do 30 de setembro de 1996.[2][4]

Instrumentos editar

O único instrumento do IUE era un telescopio Ritchey-Chretien de 45 cm de apertura que dirixía a luz cara a un espectrógrafo que usaba cámaras vidicon como detectores. O espectrógrafo cubría o rango de lonxitudes de onda de 1150 a 3250 Å e podía funcionar a baixa (6 Å) ou alta (0,1 Å) resolución. A altas resolucións podía observar obxectos de ata magnitude 12, mentres que a baixa resolución podía observar obxectos máis débiles, ata magnitude 17, con tempos de observación de varias horas.[2][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 5 May 1978 from the Permanent Representative of the United States addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-11246). 15 de maio de 1978: 4. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2914" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar