Abrir o menú principal

Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo

(Redirixido desde "ISG")

O Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG) é unha organización formada de acordo co Plan Ahtisaari sobre o proceso do estatuto de Kosovo, configurado para guiar o desenvolvemento democrático e promover a boa gobernanza de Kosovo, a súa multietnicidade e o mantemento do Estado de dereito.

O grupo é responsábel da supervisión do Representante Especial da Unión Europea para Kosovo (REUE), nomeado polo Consello da Unión Europea, como representante Civil Internacional para Kosovo (ICR).[1]

O ICR é a autoridade final en Kosovo en canto á interpretación do Plan e ten a "capacidade de anular decisións ou leis aprobadas polas autoridades de Kosovo e de sancionar e destituír a funcionarios públicos cuxas accións sexan contarias aos obxectivos do Plan.[2] O primeiro responsábel do ICR e a REUE en Kosovo foi o diplomático Pieter Feith.

Na Declaración de indpendencia de Kosovo en 2008 aceptábanse totalmente as obrigas do Plan Ahtisaari.[3] A reunión inaugural tivo lugar o xoves 28 de febreiro de 2008. O grupo foi declarado "ilegal" por Serbia[4] e condenado por Rusia.[5]

O 10 de setembro de 2012, o Grupo de Coordinación Internacional terminou formalmente a súa supervisión.[6]

MembrosEditar

Hai 25 países que son membros do Grupo de Coordinación, dos cales 15 estaban xa na súa formación, e outros 10 que se uniron máis tarde. Todos os países do grupo recoñecen a declaración de independencia de Kosovo.

No proxecto do plan de Ahtisaari o ISG estaba composto por:

  • Francia
  • Alemaña
  • Italia
  • Rusia
  • Reino Unido
  • Estados Unidos
  • Unión Europea
  • Comisión Europea
  • OTAN

O grupo está composto actualmente por 20 estados membros da UE e cinco países non comunitarios:

  • Alemaña
  • Austria
  • Bélxica
  • Bulgaria
  • Croacia (que se uniu o 30 xuño de 2008)
  • Dinamarca
  • Eslovenia
  • Estados Unidos
  • Estonia
  • Finlandia
  • Francia
  • Hungría
  • Irlanda
  • Italia
  • Letonia
  • Lituania (que se uniu o 30 xuño de 2008)
  • Luxemburgo
  • Noruega (que se uniu o 30 xuño de 2008)
  • Países Baixos
  • Polonia
  • Reino Unido
  • República Checa
  • Suecia
  • Suíza
  • Turquía

NotasEditar

  1. "Carta do 26 de marzo de 2007 do secretario xeral dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade, Adenda, Proposta Mundial para a Resolución do Estatuto de Kosovo" (PDF). Consello de Seguridade das Nacións Unidas. article 12.1. 26 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  2. "Carta do 26 de marzo de 2007 do secretario xeral dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade, Adenda, Proposta Mundial para a Resolución do Estatuto de Kosovo" (PDF). Consello de Seguridade das Nacións Unidas. article 2.3. 26 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  3. "3. Aceptamos plenamente as obrigas para Kosovo contidas no Plan Ahtisaari, e acoller o cadro que propón parea orientar Kosovo nos próximos anos". (Da Declaración dos membros da Asemblea de Kosovo de 7 de febreiro de 2008).
  4. "Kosovo Steering Group enrages Serbia". Press TV. 2008-02-29. 
  5. "Russia protests Kosovo steering group establishment". RIA Novosti. 2008-03-03. 
  6. (RIA Novosti)

Véxase taménEditar