ISEE 2
ISEE 2, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 2, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 22 de outubro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
ISEE 2 / International Sun-Earth Explorer 2 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA/ESA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 1977, 13:53 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 2914[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción.[1][2] |
Decaemento | 26 de setembro de 1987[4] |
NSSDC ID | 1977-102B |
Masa | 165,78 kg[1] |
Potencia | 112 W[1] |
Características
editarISEE 2 foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 3) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. A chamada parte nai/filla da misión consistía de ISEE 1 e 2 orbitando a Terra en proximidade a unha da outra para facer medicións simultáneas da variación dos campos e partículas interactuando entre o sistema Terra-Sol.[1][2][3]
A nave estabilizábase mediante xiro a 19,8 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 165,78 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 112 W de potencia. Tanto ISEE 2 como ISEE 1 reentraron na atmosfera o 26 de setembro de 1987.[1][2][3]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (5 de setembro de 2019). "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "ISEE" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 29 March 2005 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-83579(E)). 21 de abril de 2005: 3. Consultado o 12 de xullo de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ISEE 2 |