Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.
Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome curto | INTA ![]() | |||
Tipo | centro de investigación e Organismos Públicos de Investigación ![]() | |||
Epónimo | Esteve Terradas i Illa ![]() | |||
Personalidades | ||||
Cargo dirixente | director general of the National Institute for Aerospace Technology (en) ![]() ![]() | |||
Director/a executivo/a | Esteve Terradas i Illa (1942-1950) ![]() | |||
Actividade | ||||
Campo de traballo | space program of Spain (en) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Matriz | Secretariat of State of Defence of Spain (en) ![]() ![]() | |||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1942 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Torrejón de Ardoz e Moguer (pt) ![]() ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | inta.es ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Funcións
editar- A adquisición, mantemento e mellora continuada de todas aquelas tecnoloxías de aplicación no ámbito aeroespacial.
- A realización de todo tipo de ensaios para comprobar, homologar e certificar materiais, compoñentes, equipos, subsistemas e sistemas de aplicación no campo aeroespacial.
- O asesoramento técnico e a prestación de servizos a entidades e organismos oficiais, así como a empresas industriais ou tecnolóxicas.
- Actuación como centro tecnolóxico do Ministerio de Defensa.
Actividade
editarA actividade científico-técnica do Instituto articúlase en torno a un centenar de proxectos de investigación, dos cales unha terceira parte se renova anualmente. Máis da metade dos recursos económicos do INTA (aproximadamente o 60%) destínase á realización de actividades de desenvolvemento tecnolóxico, unha terceira parte a investigacións aplicadas, e o resto a accións de investigación básica.
Tecnoloxía
editarAs áreas tecnolóxicas fundamentais desenvolvidas polo INTA están relacionadas coa tecnoloxía aeronáutica (40%) e a tecnoloxía espacial (46%), repartíndose o resto entre diferentes tecnoloxías dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente, a automoción e a seguridade no transporte, aos que, en conxunto, se destina o 14% do orzamento.
Entre os seus programas de alta tecnoloxía conta:
- Posta en órbita de minisatélites e nanosatélites (entre eles o Xatcobeo).
- Desenvolvemento de avións non tripulados.
- Radares de apertura sintética.
Servizos á industria
editarO INTA proporciona asesoramento técnico e presta servizos a organismos públicos e empresas industriais e tecnolóxicas. Os ingresos procedentes destas actividades financian a quinta parte do orzamento do Instituto.
Destes ingresos, a terceira parte provén dos contratos con entidades estranxeiras, maioritariamente europeas, primordialmente a Axencia Espacial Europea. O resto dos ingresos proceden dos traballos realizados á industria española, aproximadamente outra terceira parte, e a outros organismos da AGE, principalmente ao Ministerio de Defensa.
Persoal
editarO cadro de persoal do INTA está formado por máis de 1.200 persoas, das cales aproximadamente un millar se dedica a actividades de I+D. Máis do 40% do persoal do Instituto ten acreditada algunha titulación universitaria.
Ademais, o Instituto leva a cabo un intenso labor de formación de técnicos e científicos, tanto do seu propio persoal coma de bolseiros, nunha cantidade que supera o centenar, a maioría titulados superiores e, aproximadamente, a metade doutores.
Participación en empresas
editarCo obxecto de flexibilizar a súa actividade no campo industrial, o INTA ten a propiedade total da compañía INSA, que proporciona servizos técnicos especializados en campos da máis alta tecnoloxía, desenvolvendo actividades relacionadas coa enxeñería aeronáutica e espacial.
Ademais, como instrumento do Ministerio de Defensa, tamén participa en empresas privadas do ámbito espacial. Así, forma parte da empresa Hispasat, cun 16,42%, e das novas empresas creadas para facer posible o futuro sistema de comunicacións por satélite para a Defensa, HISDESAT e XTAR, cunhas porcentaxes respectivas do 37,6% e do 16,3%.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial |