I'm in Love with My Car

I'm In Love With My Car é unha canción escrita por Roger Taylor, batería de Queen, na que canta amosando un rango alto moi infrecuente. Foi lanzada en 1975 como cara B de Bohemian Rhapsody e integra o álbum A Night At The Opera, do mesmo ano. Ao final da canción pódese escoitar o Alfa Romeo de Taylor, pero na versión do sinxelo o motor escóitase ao principio.

A canción está dedicada a Johnathan Harris pola súa paixón polos automóbiles, aínda que Brian May máis adiante diría que trata sobre a paixón que espertan os automóbiles no mesmo Roger Taylor.

En directo, a banda tocaba a cancíon como parte dun medley entre 1977 e 1981, cantada por Roger Taylor e con Freddie Mercury no piano e nos coros. Coa volta en 2005 de Queen e Paul Rodgers, a canción volveu ao repertorio clásico dos concertos.

Ficha técnica editar