Hyundai Motor Company

Hyundai Motor Company (en coreano: 현대자동차 주식회사, hanja: 現代自動車株式會社, Hyeondae Jadongcha Jushikhwesa; que significa modernidade) é unha multinacional surcoreana de fabricación de automóbiles con sede en Seúl. A compañía foi fundada en 1967 e, xunto coa súa subsidiaria Kia Motors, conforma o Hyundai Motor Group, que é o quinto meirande grupo automobilístico do mundo en función de vendas anuais.[1][2] No 2008, Hyundai Motor (sen Kia) clasificouse como a oitava meirande empresa de automoción.[3] No 2012, a compañía vendeu 4,4 millóns de vehículos en todo o mundo,[4] e xunto con Kia, as vendas ascenderon a 7,12 millóns.[5]

Hyundai Motor Company
TipoPública
Fundación29 de decembro de 1967
LocalizaciónSeúl, Corea do Sur
FundadorChung Ju-yung
Persoas claveChung Mong-koo (Director e CEO)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbiles, vehículos comerciais e motores
Número de empregados63.099 (2013)
Na rede
https://www.hyundai.com/
Facebook: Hyundai Twitter: Hyundai Instagram: hyundai_worldwide Youtube: UC5f97D60yHa7UE9rFfbej8g Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

No 2010, Hyundai era o cuarto maior fabricante de coches do mundo. Ademais, conta coa meirande fábrica integrada de todo o mundo[6] en Ulsan, Corea do Sur, que ten unha produción anual de 1,6 millóns de unidades. A empresa ten 75.000 empregados en todo o mundo.

Notas editar

  1. "Hyundai, Kia see slower sales growth in 2012". Reuters. 2 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2015. 
  2. "UPDATE 3-S.Korea's Hyundai, Kia expect slowest sales growth in 10 yrs". Reuters. 2 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2015. 
  3. "World Ranking of Manufacturers 2008 by production" (PDF). OICA. 
  4. "Hyundai Motor Reports 2012 Global Sales Of 4.4 Million Vehicles". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 01 de febreiro de 2015. 
  5. "Highlights of 2013 New Year’s Speech". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 01 de febreiro de 2015. 
  6. Taylor III, Alex (5 de xaneiro de 2010). "Hyundai smokes the competition". CNN. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar