Hypothes.is é un proxecto de código aberto dirixido á compilación de comentarios sobre afirmacións feitas en calquera contido accesible na web, o filtrado colaborativo, e a creación de rangos que permitan valorar a credibilidade das devanditas afirmacións.[1][2][3][4][5]

Logotipo de Hypothes.is

Tense definido como "unha capa de revisión por pares para o conxunto de Internet".[6]

En decembro de 2017, Hypothes.is ocupaba o posto 113 770 entre os sitios máis populares de Internet segundo Alexa.com.[7]

O proxecto é un sistema que permite a anotación de páxinas web a través de comentarios achegados polos usuarios e un sistema de reputación que cualifica os comentarios. A idea é que os comentarios sexan almacenados en Internet Archive. As persoas fan uso a través dun módulo de extensión no navegador (Chrome) ou a través dunha miniaplicación ligada (noutros navegadores). A idea é que as ligazóns a comentarios específicos sexan visibles sen necesidade dun complemento.[2]

O proxecto foi liderado por Dan Whaley, co-fundador de GetThere, o que fora un dos primeiros sistemas de reservas de viaxes en liña no ano 1995.[2][8][9]

Entre os asesores da entidade están John Perry Barlow, Charles Bazerman, Philip Bourne e Brewster Kahle.[1]

Proxecto editar

Unha entrada en Kickstarter dirixida á recadación dos 100 000 necesarios para crear un prototipo operativo conseguiu o seu obxectivo o 13 de novembro de 2011.[6][10] Esta iniciativa estruturouse sen ánimo de lucro.[11][12] Recibiu axuda financeira da Fundación Shuttleworth,[13] da Fundación Alfred P. Sloan,[14] do fondo Helmsley Trust,[15] a Fundación Knight[16] e a Fundación Andrew W. Mellon.[17]

En decembro de 2015 Hypothes.is converteuse en membro fundador dunha coalición formada por editorais académicas, plataformas, bibliotecas e entidades relacionadas coa tecnoloxía, nacida para crear unha capa de anotacións aberta e interoperable para os seus contidos.[18]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Whaley, Dan. "The Internet, peer-reviewed". Hypothes.is. Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Schonfeld, Erick (31 de outubro de 2011). "Hypothes.is: A Kickstarter Project To Peer Review The Web". Techcrunch (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  3. Masnick, Mike (24 de outubro de 2011). "Interesting Ideas: Can You Peer Review The Entire Internet, Sentence By Sentence". Techdirt. Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  4. Shaughnessy, Haydn (21 de outubro de 2011). "Would Your Blog Stand up To Criticism? Here Comes Peer Review". Forbes (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  5. Kirkpatrick, Marshall (20 de outubro de 2011). "Hypothes.is: A Peer-Review Layer for the Whole Internet". ReadWriteWeb (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2011. Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Farley, Tim (17 denovembro de 2011). "Hypothes.is Reaches Funding Goal". James Randi Educational Foundation. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2020. 
  8. Sloan, Gene (22 de outubro de 1996). "Net catches more travelers planning trips". USA Today (en inglés) (McLean, Va.). p. 6D. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. 
  9. Fernandes, Lorna (26 de outubro de 1997). American City Business Journals, ed. "It's no small world for ITN". San Jose Business Journal (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  10. Hypothes.is - Taking peer review to the Internet.
  11. Streitfeld, David (11 de abril de 2013). "Speak Up, the Internet Can’t Hear You". New York Times (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2013. 
  12. "Letter 947 (DO/CG)" (PDF). IRS (en inglés). 29 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2020. 
  13. "Active Fellows: Dan Whaley". The Shuttleworth Foundation Trust. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2013. Consultado o 2 de maio de 2013. 
  14. "2011 Annual Report" (PDF). Alfred P. Sloan Foundation (en inglés). p. 72. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  15. "Helmsley Trust Supports Open Annotation in Biomedical Research". hypothes.is. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  16. "A Grant from the Knight Foundation". hypothes.is. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  17. "Award from the Andrew W. Mellon Foundation". Hypothes.is (en inglés). 9 de xuño de2014. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  18. Perkel, Jeffrey M. (1 de decembro de 2015). "Annotating the scholarly web". Nature (en inglés) 528: 153–154. doi:10.1038/528153a. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar