Hyperoplus lanceolatus

Bolo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Ammodytidae
Xénero: Hyperoplus
Especie: H. lanceolatus
(Le Sauvage, 1824)[2]
Sinonimia

Ammodytes lanceolatus Le Sauvage, 1824

O bolo[3] (Hyperoplus lanceolatus)[4] é unha especie de peixe actinopeterixio mariño,[5] da familia dos ammodítidos.

A súa pesca é de pouca importancia comercial, mais é importante o seu uso para elaborar fariña de peixe e aceite,[6] así como para servir de carnada para pescar outros peixes, e é normal tamén cociñalo fresco e frito para consumo humano.[7] É unha presa importante para certos peixes, aves e mamíferos mariños, polo que é un elemento importante do ecosistema mariño.[1]

Morfoloxía

editar

De corpo alongado en forma de lanza, cunha lonxitude máxima descrita de 40 cm, aínda que o seu talle máximo é normalmente de 20 cm.[8] A punta da aleta pectoral alcanza o extremo dianteiro da aleta dorsal; posúe unha mancha escura en cada lado do fociño; dous dentes puntiagudos no padal e mandíbula superior non protráctil.[9]

Bioloxía

editar

Aliméntase inicialmente do zooplancto, os peixes pequenos clupeidos e ammodítidos dominan a súa dieta.[10] Desovan masivamente durante o verán.[5]

Distribución e hábitat

editar

Distribúese polas costas do nordeste do océano Atlántico, desde Murmansk e Svalbard (no océano Ártico) ao norte, até Portugal ao sur, incluída Islandia e gran parte do mar Báltico;[5] máis de cando en cando describiuse a súa presenza no mar Mediterráneo.[11] Son peixes mariños e de augas salobres, de comportamento demersal asociado a fondos de area,[12] e migrador de tipo oceanódromo,[13] que habita nun rango de profundidade entre os 6 m e 30 m.[14] O seu hábitat é costeiro, incluíndo a zona intermareal e os estuarios dos ríos, e en mar aberto até preto de 60 m de profundidade; comunmente asociado con especies de Ammodytes.[5]

  1. 1,0 1,1 Fernandes, P., Collette, B. e Heessen, H. (2014). "Hyperoplus lanceolatus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Le Sauvage, E., 1824. «Note sur une espèce nouvelle de genre Ammodyte». Bulletin de la Société Philomathique de Paris (3rd Série) v. 11:140-141.
  3. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  4. Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (marzo de 2017). "Hyperoplus lanceolatus". FishBase (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Muus, B.J. e P. Dahlström, 1974. «Collins guide to the sea fishes of Britain and North-Western Europe». Collins, Londres, Reino Unido. 244 p.
  6. Engelhard, G.H., Blanchard, J.L., Pinnegar, J.K., van der Kooij, J., Bell, E.D., Mackinson, S., Shucksmith ,R. e Righton, D.A. 2013. «Body condition of predatory fishes linked to the availability of sandeels». Marine Biology 160(2):299-308.
  7. Frimodt, C., 1995. «Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish». Fishing News Books, Osney Mead, Oxford, Inglaterra. 215 p.
  8. Muus, B. e P. Dahlström, 1978. «Meeresfische der Ostsee, der Nordsee, des Atlantiks». BLV Verlagsgesellschaft, München. 244 p.
  9. Muus, B.J. e J.G. Nielsen, 1999. «Sea fish». Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Dinamarca. 340 p.
  10. Reay, P.J. 1986. «Ammodytidae. Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean»., pp. 945-950. UNESCO, París.
  11. Bilecenoglu, M., Taskavak E., S. Mater e M. Kaya, 2002. «Checklist of the marine fishes of Turkey». Zootaxa (113):1-194.
  12. Kaiser, M. J., Melanie Bergmann, H. Hinz, M. Galanidi, R. Shucksmith, E. I. S. Rees, T. Darbyshire e K. Ramsay. 2004. «Demersal fish and epifauna associated with sandbank habitats». Estuarine, Coastal and shelf science 60(3):445-456.
  13. Riede, K., 2004. «Global register of migratory species - from global to regional scales». Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemania. 329 p.
  14. Ocean Biogeographic Information System, 2006. «OBIS-extracted Depth Data». Harvested by E.Agbayani July 2006 at www.iobis.org.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar