Hylocereus
Hylocereus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hylocereus undatus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Hylocereus é un xénero dos cactos, nativo de Centroamérica, o Caribe e México até a parte setentrional de Suramérica.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ca/Hylocereus_monacanthus_%28Cereus_lemairei%29_3.173.jpg/240px-Hylocereus_monacanthus_%28Cereus_lemairei%29_3.173.jpg)
Descrición
editarOs froitos de varias das especies son comestibles, como H costaricensis, H. megalanthus e H. undatus, chamados comunmente pitaias.
Son bagas de até 7 a 14 cm de longo e 5 a 9 cm de largo, con epicarpio amarelo ou rubio e polpa de consistencia mucilaxinosa, branca ou vermella. Cada froito contén numerosas sementes pequenas de cor negra brillante. O seu sabor é doce.
Taxonomía
editarO xénero ten dificultade para a súa catalogación pola amplitude e variabilidade das súas especies. Está estreitamente emparentado co xénero Selenicereus.
O xénero foi descrito por (A.Berger) Britton & Rose e publicado en Contributions from the United States National Herbarium 12(10): 428. 1909.[1] A especie tipo é: Hylocereus triangularis (L.) Britton & Rose.
- Etimoloxía
Hylocereus: nome xenérico composto do substantivo grego: "ύλη" (hylé) = "dos bosques" e o sufixo Cereus que significa "o Cereus dos bosques".
Especies
editarNotas
editar- ↑ "Hylocereus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hylocereus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hylocereus |