Hidroscáfidos

(Redirección desde «Hydroscaphidae»)
Hidroscáfidos
Rango fósil: Aptiano-Recente

Hydroscapha natans
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Myxophaga
Superfamilia: Sphaeriusioidea
Familia: Hydroscaphidae
LeConte, 1874
Xéneros

Os hidroscáfidos (Hydroscaphidae) son unha pequena familia de escaravellos acuáticos.[1] En 2010, había 23 especies incluídas nesta familia.[2] Describíronse algunhas mais recentemente.

Son escaravellos pequenos, a maioría de menos de 2 mm de lonxitude. Son de cor marrón ou torrado e teñen élitros acurtados, que deixan varios terxitos do extremo do abdome expostos. O abdome vaise estreitando progresivamente bastante. As ás están beireadas de longas setas. As larvas son fusiformes, cun amplo tórax e un abdome que se vai estreitando.[2]

Viven en alfombras de algas cubertas cunha fina capa de auga corrente. Estas alfombras poden ser as algas acumuladas que cobren xusto as beiras dunha corrente de auga.[3] Toleran un amplo rango de temperaturas; observáronse en fontes termais e en escorrentías de neves de fusión xeadas. A súa fonte de alimento son as algas.[2]

O seu ciclo reprodutor non se coñece ben. Polo menos nunha das especies a femia pon un só ovo grande sobre as alfombras de algas.[2]

Atopáronse especies de hidroscáfidos en todos os continentes menos na Antártida.

Xéneros:[4]

  • Confossa Short, Joly, García & Maddison, 2015

Notas editar

  1. Cai, C.; et al. (2012). "The first skiff beetle (Coleoptera: Myxophaga: Hydroscaphidae) from Early Cretaceous Jehol Biota". Journal of Paleontology 86 (1): 116–9. doi:10.1666/11-050.1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Falamarzi, S.; et al. (2010). "Confirmed occurrence of Hydroscapha granulum in Iran, with notes on its biology (Coleoptera: Myxophaga: Hydroscaphidae)" (PDF). Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae 50: 97–106. 
  3. Fikáček, M.; Šípková, H. (2009). "New Asian Hydroscapha, with comments on male-female association of co-occurring species (Coleoptera, Myxophaga, Hydroscaphidae)" (PDF). Zootaxa 2286: 31–48. doi:10.11646/zootaxa.2286.1.2. 
  4. Beutel, R G.; Haas, A. (1998). "Larval head morphology of Hydroscapha natans (Coleoptera, Myxophaga) with reference to miniaturization and the systematic position of Hydroscaphidae.]". Zoomorphology 118 (2): 103–116. doi:10.1007/s004350050061. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar