Abrir o menú principal

Salomon Hugo Lieben ou Hugo Lieben, nado en Praga o 28 de abril de 1881 de finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1942,[1] foi un estudoso xudeu, coñecido por ser o fundador do Museo Xudeu de Praga, cidade na que estivo moi involucrado coa súa comunidade xudía e a súa ḥevrah kadisha (sociedade funeraria).

Hugo Lieben
Dr. Salomon Hugo Lieben (1881-1942).jpg
Nacemento28 de abril de 1881
 Praga
Falecemento10 de decembro de 1942 e 10 de novembro de 1942
 Praga
SoterradoNew Jewish Cemetery
Alma máterFaculty of Arts, Charles University in Prague
Ocupaciónautor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Hugo Lieben naceu en Praga e estudou primeiramente en Alemaña, e posteriormente na Universidade Alemá de Praga. Lieben, ao igual que o resto de estudosos xudeus da súa xeración procurou na tradición da Wissenschaft des Judentums para manter a súa identidade e reconstruír da historia xudía.

Lieben mostrou un gran interese no material e documentación relativa á vida dos xudeus en Bohemia e Moravia, ou como el mesmo expresaría en 1933, testemuñas en perigo de extinción do pasado. Lieben iniciou un proxecto para gardar os obxectos vaiosos das sinagogas demolidas durante a reconstrución da Cidade Xudía da capital checa, e que serviu de base para a fundación do Museo Xudeu de Praga en 1906, do cal supervisou as súas actividades nos primeiros anos, clasificou as adquisicións e realizou as primeiras exposicións. Lieben traballou no museo ata a súa morte en 1942.

ObraEditar

Lieben escribiu numerosos estudos e compilacións de documentos de principios da historia moderna xudía (séculos XVII e XIX) en terras checas, e particularmente na cidade de Praga. Entre os seus estudos salientan os relativos á expulsión dos xudeus de Praga por parte de María Tareixa entre 1744 e 1745, artigos sobre David Oppenheim e sobre o rabino praguense El‘azar Fleckeles. Tamén realizou análises críticos sobre a Cronica Ramshak, un suposto documento antigo sobre a historia dos xudeus en Bohemia. Publicou así mesmo artigos en publicacións especializadas como Ročenka Společnosti pro dějiny židů v Československé republice (Jahrbuch der Gesellschaft für Geschichte der Juden in der Tschechoslowakischen Republik), Jahrbuch der Jüdisch-Literarischen Gesellschaft, e Monatsschrift für Geschichte und Wissenschaft des Judentums, así como artigos para enciclopedias hebraicas contemporáneas como Jüdisches Lexikon e Encyclopaedia Judaica.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Vladimír Sadek (1996): Salomon Hugo Lieben: Founder of the Prague Jewish Museum, Judaica bohemiae 22.1 (1986): 3–8.

Ligazóns externasEditar