Novo cemiterio xudeu de Praga

cemiterio de Žižkov, Praga, na República Checa

Coordenadas: 50°04′46″N 14°28′24″L / 50.079309493, 14.473299149

O novo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Nový židovský hřbitov) foi estabelecido en Žižkov no ano 1891 para aliviar o problema de espazo no antigo cemiterio xudeu da cidade. É unhas dez veces meirande que o antigo 10 e ten espazo para unhas 100 000 tumbas, tendo unha capacidade para servir durante un século.[1] Tamén existe unha área especialmente deseñada para urnas, malia que a tradición xudía non permite a cremación. O cemeterio aínda está en uso e é xestionado pola Comunidade Xudía de Praga.

Novo cemiterio xudeu de Praga.

O cemiterio salienta polos seus monumentos de estilo art nouveau, entre eles, dous monumentos de membros da familia Perutz creados por Jan Kotěra, o monumento ó artista Max Horb creado por Jan Štursa coa forma dun pavón en loito, e diversos motivos esculturais e decorativos de estilo art nouveau.[2]

Tumbas de sona editar

Notas editar

  1. [1], Pražská Informační Služba
  2. Marie vitochova Jindrichkjer and Jiri Vsetecka, Prague and Art Nouveau, translation by Denis Rath and Mark Prescott, Prague: V Raji, 1995.