Hugo II do Maine, nado c. 920-925 e finado en 992, foi conde do Maine no século X. Era fillo de Hugo I do Maine e probabelmente dunha filla de Goslino II do Maine.

Infotaula de personaHugo II do Maine
Biografía
Nacemento920 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte992 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 992 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Hugonids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosHugh III of Maine (en) Traducir, Melisende (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisHugh I, Count of Maine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e NN (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsHervé I de Mortagne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Maine-64

Traxectoria

editar

Foi conde do Maine cando morreu o pai, entre 939 e 955, e foi, como o seu pai, un dos primeiros vasalos do seu tío Hugo o Grande. Este último morreu en 956, deixando un fillo novo, o futuro Hugo I de Francia, e Hugo II aproveitou para se independizar desta soberanía, como Folque II o Bo, conde de Anjou e Teobaldo I de Blois, conde de Blois[1].

Despois, aliouse co fillo de Teobaldo, Eudes I, nunha coalición contra o rei capeto. Sixefredo, bispo de Le Mans, fiel a Hugo Capeto, tivo que fuxir da cidade e refuxiarse co conde de Vendôme, Bucardo I, ao que lle deu os dominios que acabaron formando o Bas-Vendômois.

Non se sabe quen foi a súa muller. O nome do seu terceiro fillo indica unha relación probábel desta muller coa casa de Vermandois. Tiveron tres fillos[2]:

Tamén tiña varias fillas,[4] incluíndo quizais Melisenda do Maine, muller de Xudicael de Nantes, conde de Nantes.

  1. Hugues Capet. Naissance d'une dynastie. Biographies historiques. Fayard. 14 de xaneiro de 1987. ISBN 9782213670027. 
  2. Segundo os Comtes du Maine, de Étienne Patou, 2007.
  3. Subscribiu unha doazón de terras en Voivres do seu irrmán á abadía de Mont Saint-Michel en 1014.
  4. http://fmg.ac/Projects/MedLands/MAINE.htm#HuguesIIMainedied992B