Illa Huahine

(Redirección desde «Huahine»)

Huahine é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa máis oriental do grupo, situada a 175 km ao oeste de Tahití.

Huahine
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°44′S 151°02′O / -16.733, -151.033
Xeografía
Superficie74´8 km²
Longura máxima16 km.
Largura máxima13 km.
Punto máis alto669 m. Monte Turi
Demografía
CapitalFare
Poboación6.303[1] (2012)
Densidade84 hab./km²

A illa está formada por dúas penínsulas montañosas, Huahine Nui (Gran Huahine) e Huahine Iti (Pequena Huahine), unidas por un estreito istmo que separa as baías de Maroe e Bourayne. Huahine Nui ten unha altitude de 669 m no monte Turi, e Huahine Iti culmina a 462 m no monte Pohuerahi. A illa está rodeada completamente por un escollo coralino, que está a unha media de 2 km da costa, e forma unha lagoa estreita accesible por dous pasos ao leste e dous ao oeste. A superficie total é de 75 km².

A poboación total era de 6303 habitantes no censo do 2012, distribuída en oito vilas: Fare (a capital), Maeva, Faie, Fitii, Parea, Tefarerii, Haapu e Maroe. A actividade principal é o cultivo de vainilla, a produción de copra, a pesca e o turismo.

En Huahine atópase unha das máis grandes concentracións de restos arqueolóxicos polinesios datados entre os anos 850 e 1100. O primeiro europeo en explorala foi o inglés James Cook en 1769. Antigamente era denominada Matairea, que significa «brisa ditosa». O nome Huahine significa literalmente «sexo de muller». Probablemente poderíase traducir como «muller embarazada» xa que o perfil do monte Tavaiura fai pensar nunha muller embarazada tombada. Domingo Bonaechea en 1775, chamouna A Fermosa. Hoxe en día coñécese co sobrenome de «a illa da muller». Mapa da illa

Notas editar

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar