Un home escorpión é un ser mitolóxico presente en moitos mitos acadios, incluíndo o Enuma Elish e a versión babilónica da epopea de Gilgamesh. Eran tamén coñecidos como aqrabuamelu ou girtablilu . Segundo as lendas foron creados por Tiamat a fin de librar a guerra contra os deuses menores pola traizón do seu compañeiro Apsu. No poema de Gilgamesh, están de garda fóra das portas do Deus Sol (Shamash), nas montañas de Mashu, as portas que dan entrada a Kurnugi, a terra da escuridade.

Debuxo dunha calcografía asiria que amosa homes escorpión.
Representación babilónica.

Na cultura popular editar

  • No videoxogo Dark Souls II aparece un home escorpión coñecido como Manscorpion Tark, que serve para advertir ó xogador e axudalo contra o xefe do nivel.[1]
  • No xogo de estratexia en tempo real Age of Mythology, os homes escorpión son unidades míticas dispoñibles para a cultura exipcia.[2]
  • No filme The Mummy Returns, o personaxe de Mathayus amósase como un home escorpión.

Notas editar

  1. "Manscorpion Tark | Dark Souls 2 Wiki". darksouls2.wiki.fextralife.com. Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  2. http://aom.heavengames.com/gameinfo/units/egyptian/myth

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar