Tiamat
Tiamat é unha deusa/monstro primitivo pertencente á mitoloxía babilónica e destacable no poema épico Enûma Elish.
Mitoloxía
editarTiamat sería o principio feminino, o mar, representación das potencialidades do caos prístino. Monstro femia, maléfico nas lendas babilónicas, a auga salgada que en unión con Apsu (o principio masculino, a auga doce) deron nacemento a deuses, e animais empezando con Lahmu e Lahamu (os mangleiros), pero ao pouco tempo de crealos, estes molestáronos co seu ruído, o deus da maxia, Ea, logrou someter a Apsu, deixándoo nun longo sopor (por iso é que a auga doce está queda)pero non puido facer nada contra Tiamat quen moi enfurecida coa morte do seu esposo creou unha lexión de demos liderados por Kingu, que era o seu amante e un dos seus fillos.
Os deuses decidiron darlle todos os seus poderes a Marduk, -fillo de Enki- este venceu a Kingu, quen quedou paralizado de medo ao velo chegar, e logo a Tiamat, á que fixo deixar a boca aberta cun vendaval e a que despois lle lanzou unha frecha dentro do estómago. Logo disto, do sangue de Kingu naceron os humanos e a partir do corpo de Tiamat, que Marduk encadeou nos puzos do abismo e partiu á metade, creouse, da súa metade superior o ceo e da súa metade inferior a terra firme. As súas bágoas convertéronse nas nacentes do Tigris e o Éufrates.
Noutras culturas
editarEsta lenda é paralela coas de Vitra na mitoloxía hindú, Cipactli da relixión Azteca e Tifón na mitoloxía grega