O Athlitiki Enosi Holargou (en grego: Αθλητική Ένωση Χολαργού), usualmente coñecido como Holargos, é un club de baloncesto profesional grego con sede en Colargos, Atenas (Ática). Fundado en 1982, actualmente xoga na A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto heleno. O seu pavillón como local é Kleisto Gimnastirio Holargou Antonis Tritsis, recinto con capacidade para 1.665 espectadores.

Holargos
Información xeral
Nome Αθλητική Ένωση Χολαργού
Liga A1 Ethniki
Fundación 1982
Cores           Azul, vermello
Presidente Grecia Spyros Boumbouras
Adestrador Grecia Sotiris Manolopoulos
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón K. G. H. Antonis Tritsis
Capacidade 1.665

Historia editar

O Holargos foi fundado en 1982 en Colargos, un barrio de 45.000 habitantes ao nordeste da cidade de Atenas, famoso por ser o lugar de nacemento de Pericles. No momento da súa fundación era o único club de baloncesto masculino da zona. O seu nacemento foi como club afeccionado, dependendo o seu funcionamento de subvencións e das cotas dos abonados.[1] No ano 2009 o club consegue o ascenso á cuarta división do baloncesto heleno (G Ethniki). Nesta categoría permanece até que consegue ascender á terceira categoría (B Ethniki). Despois de tres anos, en 2016 o club fusionouse co Livadeia para poder competir na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto.[2] Para preparar o seu primeiro ano na A2 o club fichou xogadores de nivel para a categoría como Nikos Angelopoulos, Georgios Apostolidis, Georgios Tsiakos, Igkor Milosevits e Kevin Bleeker. Este último foi, ademais, o primeiro xogador non grego en xogar no club. Dous anos despois, en 2018, o equipo consegue o ascenso á A1 Ethniki, máxima categoría helena, tras vencer na final dos play-offs de promoción ao Apollon Patras.

Notas editar

  1. "Holargos B.C. ΙΣΤΟΡΙΑ". Holargos B.C (en grego). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. "Στην Α2 μέσω... Λιβαδειάς ο Χολαργός". Basketa2.gr (en grego). Consultado o 7 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar