Hiva é o nome dunha mítica terra ou illa, da cal partiron os antergos dos nativos da Illa de Pascua, segundo a mitoloxía rapanui. Hiva sería o equivalente á mítica Hawaiki da mitoloxía maorí, e das variantes existentes nas tradicións de moitas culturas polinésicas.

Segundo os investigadores, o mítico continente de Hiva, correspondería ás Illas Marquesas. Unha das illas Marquesas é Hiva’Oa. Esta hipótese basearíase nas evidencias arqueolóxicas, lingüísticas, antropolóxicas e biolóxicas que relacionarían á illa de Pascua co centro da Polinesia. Outros cren que é a Illa Rapa.

A illa Sala y Gómez ( lingua rapanui: Motu Motiro Hiva significa "illote do paxaro no camiño a Hiva") , é a máis distante delas.

Lenda editar

 
Flora tropical en Fatu Hiva (illas Marquesas).

A tradición rapanui di que os antigos maorí (sabios) prognosticaran que viría un tempo no que se afundiría Hiva. Este afundimento da terra, di que o vaticinara Moe Hiva, un sabio e profeta (Kohou Tohu), dos cinco que tiña a corte do Ariki Oto Uta. Os outros catro sabios ("Ariki Maahu"), eran Tuku Maura, Ngerani, Po e Henga, que tiñan coñecementos do ceo, das estrelas, o Sol, e a Lúa. O afundimento de Hiva e a viaxe dos antigos Rapa Nui buscando unha nova illa, seguindo a ruta das estrelas, permitiron propoñer á Illa Rapa como candidata a ser Hiva.

O asolagamento editar

Esta predición comezaría a cumprirse en tempos do Ariki (rei) Roroi a Tiki Hati. Os territorios da terra de Hiva chamados Marae Renga e Marae Tohia comezaron a ser anegados polo mar. As evidencias arqueolóxicas recentes, permiten propor que arredor do ano 1200, Hotu Matu’a e a súa xente saíron dende Illa Rapa con rumbo a Rapa Nui, onde deron orixe á cultura Rapa Nui que hoxe coñecemos. As tradicións orais sinalan que Hiva afundiu, pero estas mesmas relatan que houbo viaxes posteriores entre Rapa Nui e Hiva, o cal sinala que o afundimento desta última puido ser só parcial.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar