Hits Are for Squares

recompilatorio da banda de rock alternativo Sonic Youth

Hits Are for Squares é un recompilatorio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado por Starbucks Music o 10 de xuño do 2008. O álbum contén 16 temas, os 15 primeiros seleccionados por outros artistas amigos da banda, e o 16, "Slow Revolution", é unha gravación exclusiva da banda para este disco, non dispoñible noutra edición.

Hits Are for Squares
Recompliación de Sonic Youth
Edición10 de xuño do 2008
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Starbucks
Cronoloxía
SYR7: J'Accuse Ted Hughes Hits Are for Squares SYR8: Andre Sider Af Sonic Youth

O título "Hits Are For Squares" está collido da letra do tema descartado para o álbum Rather Ripped "Eyeliner". O álbum só está dispoñible en cafeterías Starbucks.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas son as versións orixinais dos álbums dos que foron extraídos.

  1. "Bull in the Heather" (seleccionada por Catherine Keener) (do Experimental Jet Set, Trash and No Star)
  2. "100%" (seleccionada por Mike D) (do Dirty)
  3. "Sugar Kane" (seleccionada por Beck) (do Dirty)
  4. "Kool Thing" (seleccionada por Radiohead) (do Goo)
  5. "Disappearer" (seleccionada por Portia de Rossi) (do Goo)
  6. "Superstar" (seleccionada por Diablo Cody) (do If I Were A Carpenter)
  7. "Stones" (seleccionada por Allison Anders) (do Sonic Nurse)
  8. "Tuff Gnarl" (seleccionada por Dave Eggers & Mike Watt) (do Sister)
  9. "Teen Age Riot" (seleccionada por Eddie Vedder) (do Daydream Nation)
  10. "Shadow of a Doubt" (seleccionada por Michelle Williams) (do EVOL)
  11. "Rain on Tin" (seleccionada por Flea) (do Murray Street)
  12. "Tom Violence" (seleccionada por Gus Van Sant) (do EVOL)
  13. "Mary-Christ" (seleccionada por David Cross) (do Goo)
  14. "World Looks Red" (seleccionada por Chloe Sevigny) (do Confusion is Sex)
  15. "Expressway To Yr Skull" (seleccionada por The Flaming Lips) (do EVOL)
  16. "Slow Revolution" (nova gravación exclusiva)