Daydream Nation

álbum de Sonic Youth de 1988

Daydream Nation é un álbum da banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth, editado o 18 de outubro de 1988 a través do selo Enigma Records nos Estados Unidos e Blast First no Reino Unido. En xuño do ano 2007 lanzouse unha versión deluxe que inclúe o disco orixinal remasterizado e un segundo disco con temas ao vivo e versións.

Daydream Nation
Álbum de Sonic Youth
Publicado18 de outubro de 1988
Gravaciónxullo - agosto de 1988
Estudio(s)Greene Street Recording, Nova York
Duración70:47
Xénero(s)rock alternativo, noise rock
Selo(s)Enigma (Estados Unidos)
Blast First (Reino Unido)
DGC Records (reedicións)
Producido porNick Sansano, Sonic Youth
Cronoloxía
Master-Dik Daydream Nation Goo

O álbum é considerado a obra mestra da banda e trátase dunha peza fundamental na escena do rock alternativo, sendo un dos poucos álbums de rock elixidos pola Biblioteca do Congreso estadounidense para ser conservado no "National Recording Registry".[1]

No ano 2002, a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor disco da década na súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 80[2], e a Rolling Stone situouno no posto 329 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos[3].

Formatos e edicións editar

O álbum lanzouse orixinalmente en CD, casete e dobre vinilo de 12 polgadas. Esta edición orixinal, de outubro de 1988, saíu en Estados Unidos (a través de Enigma), no Reino Unido (Blast First), Australia (AuGoGo), Países Baixos (Torso) e Grecia (DiDi Records) en vinilo; nos Estados Unidos, o Reino Unido e os Países Baixos en CD; e en casete nos dous primeiros países.

En 1992 Mute Records relanzou o disco en CD no Reino Unido, e os días 22 e 23 de novembro de 1993 DGC/Geffen reeditou o álbum en CD nos Estados Unidos e Europa, e en casete nos Estados Unidos.

En xullo do ano 2007 apareceu a versión "deluxe", a través do selo Geffen Records. Esta edición realizouse nos formatos de 4 vinilos de 12" e no de dobre CD.

Ademais destas versións oficiais, existe unha edición pirata editada en Rusia no ano 1991 pola discográfica AnTrop, aparecendo como un único vinilo de 12 polgadas[4].

Listaxe de cancións editar

Todos os temas escritos por Sonic Youth, agás onde se indique.

Edición orixinal editar

  1. "Teen Age Riot" (letra/voz Thurston, Kim voz do principio) – 6:57
  2. "Silver Rocket" (letra/voz Thurston) – 3:47
  3. "The Sprawl" (letra/voz Kim) – 7:42
  4. "'Cross the Breeze" (letra/voz Kim) – 7:00
  5. "Eric's Trip" (letra/voz Lee) – 3:48
  6. "Total Trash" (letra/voz Thurston) – 7:33
  7. "Hey Joni" (letra/voz Lee) – 4:23
  8. "Providence" (voz Mike Watt) – 2:41
  9. "Candle" (letra/voz Thurston) – 4:58
  10. "Rain King" (letra/voz Lee) – 4:39
  11. "Kissability" (letra/voz Kim) – 3:08
  12. "Trilogy:" – 14:02
    • a) "The Wonder" (letra/voz Thurston) – 4:15
    • b) "Hyperstation" (letra/voz Thurston) – 7:13
    • z) "Eliminator Jr." (letra/voz Kim) – 2:37

Edición deluxe do 2007 editar

Disco 1 editar

  1. "Teen Age Riot" – 6:58
  2. "Silver Rocket" – 3:47
  3. "The Sprawl" – 7:42
  4. "'Cross the Breeze" – 7:00
  5. "Eric's Trip" – 3:48
  6. "Total Trash" – 7:33
  7. "Hey Joni" – 4:23
  8. "Providence" – 2:41
  9. "Candle" – 4:59
  10. "Rain King" – 4:39
  11. "Kissability" – 3:07
  12. "Trilogy: The Wonder" – 4:15
  13. "Trilogy: Hyperstation" – 7:13
  14. "Trilogy: Eliminator Jr." – 2:37
  15. "Eric's Trip" (Home Demo) - 2:27

Disco 2 editar

Live Daydream

  1. "The Sprawl" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) - 8:27
  2. "'Cross the Breeze" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf oo 27 de marzo de 1989) – 5:54
  3. "Hey Joni" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 3:38
  4. "Silver Rocket" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) – 4:19
  5. "Kissability" (gravado para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn, Nova York City en agosto de 1988) – 2:19
  6. "Eric's Trip" (Noise Now Festival, The Phillipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) – 3:05
  7. "Candle" (Cabaret Metro, Chicago o 5 de novembro de 1988) – 5:04
  8. "The Wonder" (gravado en CBGB o 13 de decembro de 1988) – 4:02
  9. "Hyperstation" (gravado en CBGB o 13 de decembro de 1988) – 6:14
  10. "Eliminator Jr." (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 2:38
  11. "Providence" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 1:47
  12. "Teen Age Riot" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) – 4:37
  13. "Rain King" (gravado para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn, Nova York City en agosto de 1988) – 4:06
  14. "Totally Trashed" (Maxwell's, Hoboken, New Jersey o 9 de xuño de 1988) – 1:57
  15. "Total Trash" (Maxwell's, Hoboken, New Jersey, 9 de xuño de 1988) – 5:18

Bonus cover songs

  1. "Within You Without You" (Harrison) – 4:58
  2. "Touch Me I'm Sick" (Mudhoney) – 2:33
  3. "Computer Age" (Young) – 5:12
  4. "Electricity" (Van Vliet/Bermann) – 2:46

Notas editar

  1. "2005 | View Registry by Induction Years | Recording Registry | National Recording Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-07-05. 
  2. "Pitchfork Media - Top 100 Albums of the 1980s". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2011. 
  3. "Rolling Stone - 500 greatest albums of all time". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 29 de setembro de 2011. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2011.