Historia de Boston

(Redirección desde «Historia urbana de Boston»)

Boston é a capital e a cidade principal do estado de Massachusetts, ao norte dos Estados Unidos de América. Constitúe o centro económico e cultural da Nova Inglaterra.

Colonia puritana editar

A pequena península Shawmut (3 km² [1] garda rexistros que proban que foi habitada polos indíxenas dende o 5000 a.C. Os primeiros europeos a chaman Trimountaine polos tres outeiros xuntos que a caracterizan.

 
Boston na península orixinal, 1775
 
recheos ata 1842
 
1880

En 1625 William Blaxton (ou Blackstone) aséntase en solitario ao pé dun deles (Beacon Hill, onde había un bo manancial, actual Boston Common). Pasa por seres o primeiro bostoniano.

Era o tempo da chegada dos pilgrims e os puritanos establecendo as colonias fundacionais de Nova Inglaterra [2]. Dende a outra beira do río Charles, onde se establacera Charlestown e faltaba a auga, John Winthrop e os seus puritanos viñeron a asentarse xunto ao manancial de Beacon Hill en 1630 e tivo lugar a fundación formal da colonia co nome de Boston (pola cidade inglesa homónima, procedencia de moitos prominentes colonos) [3],[4]. De seguido comeza un incipiente tráfico portuario (peiraos) con Inglaterra e o comercio do bacallau [5].

A finais do século XVII e comezos do XVIII Boston experimenta un gran crecemento converténdose na primeira vila da colonia [6], e para 1720 é xa o primeiro porto de América e o terceiro do Imperio Británico. Para iso en 1715 construíuse un gran peirao (Long Wharf, máis de 500m) [7].

Independencia editar

Dende os comezos da colonia o centro de Boston márcao a encrucillada entre Cornhill Street (despois Washington) e King Street (baixada ao Long Wharf [8]. Alí estivo o primeiro mercado [9]/f01/lectureimages/2/02004.JPG] e no 1657 a Town House (concello [10],[11] de madeira. Ardeu en 1711 e dous anos despois levantouse en ladrillo a Old State House, a máis vella construción do Boston moderno. Esa foi tamén a xeografía dos primeiros acontecementos da revolución (1770-75 [12]) que levaron á independencia dos Estados Unidos.

Século XIX: desmontes e recheos editar

Inda que superada por Filadelfia e Nova York, Boston mantivo a súa predominante posición dentro da nova nación, sobor de todo polo seu porto que convértese nun dos máis florecentes do mundo. Para iso levouse a cabo unha das maiores obras de enxeñaría do século e que reconfiguraría a forma da cidade: desmontáronse os outeiros da península para o recheo masivo da súa liña costeira triplicando a superficie portuaria e urbana [13]) no que fora unha enseada na época dos puritanos [12].

Tamén en 1830, o Boston Common, que fora zona de pasto de mancomún e campo militar e de aforcamentos, convértese no gran parque público da cidade (ampliado cos Public Gardens, 1837). A Beacon Hill que o limitaba polo norte desmóntase é alí eríxese a nova State House [14] e un barrio entre os máis característicos dos bostonianos ata hoxe [15] .

Xa na segunda metade do XIX, Boston transfórmase en centro industrial manufactureiro da man dunha completa rede de modernas infraestruturas: dende 1786 unha serie de pontes foron comunicando ámbalas dúas beiras do río Charles; canais coma vías de penetración e saída do seu hínterland; e finalmente o ferrocarril [16],[17]. Todo o cal facilitou a progresiva suburbanización (South Boston, East Boston [18]). Unha forte inmigración europea (sinaladamente irlandesa) achegou a man de obra precisada e un grande incremento de poboación. As anexións de concellos periféricos facilitaron a configuración da actual municipalidade.

O gran recheo desta época foi o da Back Bay (río Charles, oeste do Boston Common [19]). Coa influencia do París de Haussmann elabórase un plan ortogonal, ordenado, cun gran bulevar central [20],[21]. No extremo oeste un novo parque, o Back Bay Fens obra do famoso paisaxista Frederick Law Olmsted (1877), continúa o corredor verde da cidade [22].

Século XX editar

A primeira metade da centuria supuxo un importante declive pola obsolescencia da industria bostoniana e a obrigada reconversión. Foi da man da biotecnoloxía que, a partir dos setenta, Boston volveu a recuperar o pulo de metrópole puxante.

A grande obra dos últimos anos na cidade foi a coñecida coma Big Dig, ou soterramento dunha autoestrada que atravesaba de norte a sur o centro histórico [23],[24],[25].

Notas editar

  1. [1] Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine.)
  2. [2]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2012. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2012. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2006. Consultado o 08 de maio de 2006. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  7. [3]
  8. [4], hoxe State)
  9. [Ligazón morta
  10. [5]
  11. [6] Arquivado 05 de maio de 2013 en Wayback Machine.)
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2012. Consultado o 05 de agosto de 2012. 
  13. [7] Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine.[8]. E de destacar un primeiro recheo diante do mercado da cidade (Faneuil Hall, 1742) para amplialo (Quincy Market e Aduana, 1830 [9] Arquivado 09 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
  14. [10]
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  16. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2009. 
  19. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2009. 
  21. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2005. Consultado o 15 de febreiro de 2009. 
  22. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2009. 
  23. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2008. Consultado o 09 de setembro de 2008. 
  24. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 24 de setembro de 2005. 
  25. [11]