Hiroshima Toyo Carp

Os Hiroshima Toyo Carp (中日ドラゴン Hiroshima Tōyō Kāpu?) son un equipo profesional de béisbol con sede na cidade de Hiroshima, Xapón. Compiten na Liga Central da Nippon Professional Baseball (NPB), principal competición do béisbol nipón. O club é propiedade da Familia Matsuda, estando á fronte do mesmo Hajime Matsuda, descendente do fundador de Mazda Jujiro Matsuda. De feito, a compañía automobilística posúe o 34,2% das accións do equipo, mentres que os Matsuda posúen ao redor do 60%. O equipo xoga os seus partido como local no Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima, recinto con capacidade para 32.000 espectadores. O único dia no que o equipo non xoga como local no seu estadio é o 6 de agosto, xa que este se fecha en lembraza do bombardeo atómico de Hiroshima.

Hiroshima Toyo Carp
Fundado en 1950
En Hiroshima desde 1950
Liga
LigaFlag of Japan.svg Nippon Professional Baseball
DivisiónCentral League (1950–presente)
Imaxe do equipo
Dobayashi7.jpg
Retirados3, 8, 15
Cores          Vermello, branco
Datos do equipo
AnteriorHiroshima Carp (1950–1967)
AlcumesKoi (鯉, carpas)
EstadioMazda Stadium (2009–presente)
Estadios antigosHiroshima Sōgō Ground Yakyūjō (1950–1957)
Shodai Hiroshima Shimin Kyūjō (1957–2008)
MascotaSlyly
DonoFamilia Matsuda
AdestradorShinji Sasaoka
Títulos
Nippon S. (3)1979, 1980, 1984
Central L. (9)1975, 1979, 1980, 1984, 1986, 1991, 2016, 2017, 2018

HistoriaEditar

ComezosEditar

En 1949, a Liga Xaponesa de Béisbol Profesional decidiu expandirse en dúas ligas separadas. A prefectura de Hiroshima decidiu fundar un equipo de béisbol como parte do proceso de reconstrución da cidade após a súa destrución pola bomba atómica en 1945. Tras a súa creación, o equipo uniuse en decembro de 1949 á Liga Central co nome de Hiroshima Carp. O primeiro estadio do club foi construído con fondos do goberno da prefectura. O equipo tiña nos seus comezos unha notábel carencia de medios que, sumada á falta dun patrocinador, impediulle desenvolverse de forma correcta e atraer a mellores xogadores doutros equipos. O adestrador Hideichi Ishimoto tivo que buscar persoalmente á maioría dos xogadores para formar un equipo titular. En consecuencia, o equipo acabou en último lugar nas súas dúas primeiras temporadas. En 1951 a situación económica da franquía empeorou aínda máis, propúxose ou disolver o equipo ou fusionalo cos Taiyo Whales, equipo con sede en Shimonoseki. Os cidadáns de Hiroshima mostraron a súa oposición e doaron o diñeiro preciso para manter o equipo.

En 1952 a Liga Central contaba con sete equipos, o cal facía difícil a elaboración dun calendario coherente para cada equipo. Así, propúxose que calquera equipo que finalizase o campionato cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% desaparecería ou se fusionaría con outro club. Isto aludía de forma indirecta aos Carp, que acabaron todas as temporadas anteriores en último lugar. Con todo, o equipo acada ese ano 37 vitorias, o que supoñía unha porcentaxe de 31,6%, salvándose así de forma milagrosa. Por contra, os Shochiku Robins quedaron últimos cun 28,8% e tiveron que fusionarse cos Taiyo Whales. Aínda así, o equipo continuou con serios problemas para subsistir, até o punto que en 1953 os xogadores contaban cun único uniforme. Con todo, os Carp lograron sobreporse, e en 1960 conseguiron por primeira vez máis vitorias que derrotas. Tres anos antes, o equipo trasladárase e un novo estadio situado no centro de Hiroshima.

En 1968 a empresa Toyo Kogyo (desde 1984 chamada Mazda Motor Corporation, aínda que o equipo aínda conserva o antigo nome) converteuse no principal patrocinador do equipo. Así, o nome do equipo mudou a Hiroshima Toyo Carp. Ese mesmo ano o equipo acaba en terceiro lugar por primeira vez na súa historia. Porén, entre 1972 e 1974 os Carp volven ser o pechacancelas da liga. Nese período de tempo, concretamente en 1973, o equipo adopta como cor o vermello, sendo os uniformes completamente resedeseñados. Ademais, o logo do equipo mudeo dunha "H" a unha "C" vermella imitando a dos Cincinnati Reds da Major League Baseball (MLB).

En 1974 o equipo contrata ao seu primeiro adestrador estranxeiro, Joe Lutz, o cal manda mudar a cor da gorra a vermello para simbolizar un ilimitado espíto de loita. Porén, debido a un incidente a metade de temporada cos árbitros, Lutz ten que deixar o equipo. A pesar de todo, en 1975 chega o primeiro título da Liga Central do club, comezando así unha época dourada para o equipo. Os xogadores Koji Yamamoto, Sachio Kinugasa, Jim Lyttle e Adrian Garrett formaron a famosa aliñación alcumada "Akaheru" (literalmente "Casco Vermello") que conseguiu gañar dúas Series do Xapón en 1979 e 1980. O equipo repetiría trofeo en 1984 grazas ao equipo de pitchers. En 1989, o propio Koji Yamamoto faise cargo do club como adestrador, conseguindo volver gañar a Liga Central en 1991. Porén, en 1993 o equipo volve quedar último, renunciando o técnico ao seu posto. Após a era dourada dos anos 1980, o club entra nunha era escura na que non consegue gañar ningún título da Liga Central até 2016. Cómpre destacar que en 2009 o equipo trasládase a un novo estadio, o Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima.

NomesEditar

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[1]

  • Hiroshima Carp (1950−1967)
  • Hiroshima Toyo Carp (1968− )

EstadioEditar

Actualmente, os Chunichi Dragons xogan os seus encontros como local no Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima, recinto con capacidade para 32.000 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Hiroshima-ken Sōgō Ground Yakyūjō Hiroshima   Hiroshima 13.000 1950 1957
Shodai Hiroshima Shimin Kyūjō Hiroshima   Hiroshima 31.984 1957 2008
Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima Hiroshima   Hiroshima 32.000 2009

XogadoresEditar

Dorsais retiradosEditar

 
Hiroki Kuroda.
Dorsais retirados polos Hiroshima Toyo Carp
Xogador Posición Período
3 Sachio Kinugasa Terceira base 1965–1987
8 Koji Yamamoto Outfielder 1969–1986
15 Hiroki Kuroda Pitcher 1997–2007, 2015–2016

Dorsais honradosEditar

Xogador Posición Período
1 Tomonori Maeda Outfielder 1990–2013
7 Kenjiro Nomura Infielder 1989–2005
Shota Dobayashi Infielder 2013–
20 Manabu Kitabeppu Pitcher 1976–1994
Katsuhiro Nagakawa Pitcher 2003–

Xogadores MLBEditar

País Xogador Posición Temporadas no equipo
  Colby Lewis Pitcher 2008–2009
  Kenta Maeda Pitcher 2008–2015
  Hiroki Kuroda Pitcher 1997–2007, 2015–2016
  Ken Takahashi Pitcher 1995–2008, 2010
  Richie Scheinblum Outfielder 1975–1976
  Alfonso Soriano Outfielder 1997

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar