Hippolyte Lucas (escritor)

escritor francés

Hippolyte Julien Joseph Lucas, nado en Rennes o 20 de decembro de 1807,[1] e finado en París o 16 de novembro de 1878, foi un escritor francés.

Infotaula de personaHippolyte Lucas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1807 Editar o valor em Wikidata
Rennes, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 1878 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecario , poeta , libretista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 98d176b0-ec97-4a9b-b87d-1d2b51db4503 IMSLP: Category:Lucas,_Hippolyte Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Hippolyte Lucas naceu en 1807, en Rennes, na Bretaña. Seu pai era avogado. A infancia de Hippolyte Lucas foi feliz, e fixo estudos brillantes, comenzando a carreira de dereito na súa cidade natal, trasladándose a París, en 1826, para terminala. Tras a súa licenciatura, volveu a Rennes para exercer a súa profesión de avogado, pero a poesía xa nacera no seu ánimo. En 1829, Hippolyte volve a París, onde frecuenta os teatros «cunha constancia heroica», segundo Louis Huart, que engade, «o futuro avogado, segundo o costume case invariábel dos señores estudantes, non estudaba nada de nada».

Carreira literaria editar

Lucas comezou a súa carrreita literaria na prensa, en Le Globe, e despois colaborou en Le National, en Le Charivari e en Le Siècle. O poeta elexíaco fixo con Évariste Boulay-Paty un drama inspirado sobre Lord Byron, pero foi rexeitado como inrrepresentábel no Odéon. En realidade, o carácter de Lucas, a súa educación cristiá, o seu progresismo, os seus gustos clásicos, as súas elexías suaves en tons e matices, predispuxérono ao gran teatro lírico, pero frecuentou máis aos románticos que aos parnasianos, que o aconsellaron apartarse destes últimos.

En 1830, a revolución estala. En xullo, desenvolvéronse tres días de revoltas, os chamados "tres gloriosos" nos que os republicanos se levantaron contra Carlos X, que sería substituído por Lois Filipe. O Globo converteuse no órgano dos sansimonistas; Hippolyte Lucas deixouno e volveu a Rennes.

Lucas tomou parte activa no movemento literario. Cooperou nos anos 1832-1833 na Revue de Bretagne, asinando o primeiro editorial. Chateaubriand, Lamennais, Lamartine, Alfred de Musset, Fontan, Emile Souvestre, Ernest Hello, Brrizeux, Boulay-Paty, Édouard Turquety colaboraron nela. Foi nesta revista na que Hippolyte Lucas popularizou o seu nome polos retratos elegantes, reproducidos por un número bastante grande de periódicos.

En 1834 volve a París e publica Le Cœur et le Monde, que alcanza un grande éxito. En 1836, Hippolyte Lucas publicou Caractères et portraits de Femmes, onde foi comparado con La Bruyère.

En 1842 dedicouse ao teatro, e tivo moitos éxitos na súas comedias, dramas, vodeviles e óperas bufas, asociado a compositores como Adolphe Adam, Félicien David, Vogel, e outros. Tamén se inspirou no teatro clásico inglés e español. Shakespeare, Moore, Lope de Vega, Calderón e Alarcón inspiráronlle varias pezas.

Como historador publicou Histoire philosophique et littéraire du théâtre français en 1843 e Histoire des guerres civiles en 1847.

Hippolyte Lucas presentou a candidatura á dirección da Comédie-Française, que foi apoiada pola prensa. Lucas contribíu poderosamente á fundación da Société des gens de lettres, e formou parte do seu primeiro comité. Foi bibliotecario do Arsenal en 1860. Faleceu en 1878.

Obras editar

  • Le Cœur et le monde, ensaios, 1834
  • Caractères et portraits de femmes, ensaios, 1836
  • L'Inconstance, novela, 1838
  • La Double Épreuve, comedia nun acto, en versos, 1842
  • Une Aventure suédoise, drama nun acto, en versos, 1842
  • Bélisaire, ópera en catro actos, música de Donizetti, 1842
  • Maria Padilla, ópera en catro actos, música de Donizetti, 1843
  • Linda de Chamouny, ópera en tres actos, música de Donizetti.
  • L'Hameçon de Phénice, comedia nun acto, en versos, imitada de Lope de Vega, 1843
  • Histoire philosophique et littéraire du Théâtre-Français depuis son origine jusqu'à nos jours, 1843
  • Heures d'amour, poesía, 1844
  • Almanach de tout le monde, contenant l'histoire et la vie populaire de Molière, 1844
  • Le Médecin de son honneur, drama nun acto, en versos, imitado de Calderon, 1844
  • Champmeslé, comédie en un acte et en vers, 1844
  • Les Nuées, comedia en dous actos, en versos, imitada de Aristófanes, 1844
  • Le Tisserand de Ségovie, drama en tres actos, en versos, 1844
  • Le Collier de perles, 1845
  • L'Étoile de Séville, ópera en catro actos, 1845
  • Histoire des guerres civiles de France depuis les temps mérovingiens jusqu'à nos jours, 2 tomos, (con Albert Laponneraye), París, bureau de la Société de l'industrie fraternelle, 1847
  • La bouquetière, ópera nun acto, letra de Hippolyte Lucas, música de Adolphe Adam, París, Michel-Lévy frères, Bibliothèque dramatique, colección Théâtre moderne, 1847
  • Diable ou femme, comedia nun acto, en versos, 1847
  • Mademoiselle Navarre, comedia nun acto, 1847
  • Alceste, comedia en tres actos, en versos, 1847
  • Le Collier du roi, drama nun acto, en versos, 1848
  • Rachel, ou la Belle Juive, drama en tres actos, en versos, 1849, 1855
  • Voyage au Pôle Sud et dans l'Océanie, sur les corvettes "l'Astrolabe" et "la Zélée", tomo 3 (con Honoré Jacquinot e Jules Dumont d'Urville, director de publicación), París, Gide, 1853
  • Curiosités dramatiques et littéraires, París, Garnier frères, 1855
  • Lalla-Roukh, ópera cómico en dous actos, libreto de Michel Carré e Hippolyte Lucas, música de Félicien David, estreado o 12 de maio de 1862.
  • Chants de divers pays, poemas inéditos, publicados por Léo Lucas e Olivier de Gourcuff, Nantes, Société des bibliophiles bretons et de l'histoire de Bretagne, collecciónn Petite bibliothèque bretonne, 1893

Notas editar

  1. Archives municipales de Rennes, Registre des naissances (1807), cote 2E15, p.|223. Acte de naissance de Hippolyte Julien Joseph Lucas et de son frère jumeau Isidore Pierre Joseph Lucas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar